HomesociedadeComeza a programación de Nadal no Concello de Bóveda

Comeza a programación de Nadal no Concello de Bóveda

As actividades, que comezaron este venres 20 de decembro cun encontro de corais, terán continuidade os vindeiros días con actuacións infantís e didácticas ademais da ‘Ocioteca de Nadal’. A esperada Gala de Reis será o 5 de xaneiro do vindeiro ano.

Publicado o

- Advertisement -

A música volve ser protagonista o 21 de decembro co concerto didáctico “Os Merlos do Amencer” ás 18:00 h. Senén Vaamonde, Manuel Dopico e Alfredo Dourado do Grupo A Roda serán os encargados de achegar a música ao público participante nesta actividade de dinamización lingüística. As letras e a música coas que se traballa son de Celso Emilio Ferreiro e Senén Vaamonde respectivamente.

Para os días 28 de decembro e 4 de xaneiro hai programados dous espectáculos infantís: “Os libros contraatacan” de Lucecús Teatro ás 17:30 h. e “Cinco historias para unha man” de Mircromina Teatro de Títeres ás 18:00 h.-.

E como en anos anteriores o concello ofrece tamén a “Ocioteca de Nadal” para os días 23 e 30 de decembro e 2 e 3 de xaneiro en horario de 10:00 a 14:00 h. Os días de 2019 realizaranse obradoiros con material de refugallo e o calendario de 2020 ademais de xogos e cinema de Nadal. Para os días 2 e 3 do vindeiro ano os pequenos e as pequenas terán contos e música de aninovo ademais de obradoiros, un para facer unha carta ilustrada aos Reis Magos e outro de repostería para elaborar tronco de Nadal con galletas picadas.

O remate da programación de Nadal chegará coa visita das súas Maxestades os Reis Magos de Oriente ao Centro Sociocultural o día 5 de xaneiro ás 17:30 h. Despois de visitar aos residentes da residencia chegarán á Casa da Cultura onde terá lugar unha gala na que participarán as escolas de música e de baile municipais. A continuación, os Reis Magos farán entrega de agasallos a todos os nenos e nenas do concello.

ÚLTIMAS

O Club Quixós de piragüismo remata a tempada cun segundo posto no Campionato Galego de Promoción Slálom

O Campionato Galego de Promoción Slálom contou esta mañá en terras pontevedresas con 51...

Un incendio en Ribas de Sil calcina unha superficie de tres hectáreas

Ribas de Sil rexistrou esta tarde un incendio forestal que calcinou unha superficie de...

Sorteo de prazas do Programa Activa Monforte o 14 de outubro

O sorteo público de prazas do Programa Activa 2026-2027 que se celebrará o vindeirmércores...

O 17 de outubro “Vémonos no Camiño” percorrerá o treito entre Pantón e Belesar

A andaina comezará ás 10:00 horas no Mosteiro de Ferreira de Pantón, nunha xornada...