HomesociedadeApertura do aparcadoiro de Julio Camba en Monforte

Apertura do aparcadoiro de Julio Camba en Monforte

O novo aparcadoiro ubícase nunha parcela situada na rúa Julio Camba e conta cunhas dimensións de 450 m2, o que permite ofrecer ós veciños unhas 20 prazas de estacionamento.

Publicado o

- Advertisement -

A cidade do Cabe conta dende este luns, 23 de decembro, cun novo espazo destinado a estacionamento público e de balde na rúa Julio Camba, no centro da cidade, logo do acordo ó que se chegou cun particular para a cesión deste espazo.

Este novo aparcadoiro ten un carácter provisional, pois manterase aberto ata que o titular da parcela comece as obras de reconstrución do inmoble situado nesta rúa. Estas obras deberán levarse a cabo antes de dous anos, que é o prazo que lle deu Patrimonio ó propietario para reconstruír o edificio.

O solar no que se ubica dito aparcadoiro foi previamente acondicionado para tal fin, realizándose un fresado do mesmo, tras o cal se procedeu á compactación do terreo. Esta obra de acondicionamento contou cunha partida orzamentaria de 2.000 euros.

Servizo de Recollida de lixo

E o concello de Monforte informa de que haberá cambios no servizo de recollida de lixo do concello os días de Noiteboa e de Fin de Ano. Os días 24 e 31 de decembro a recollida comezará ás 15 horas e rematará ás 19 horas. Este horario de recollida afectará tanto ó servizo de recollida de fracción resto coma ó servizo de recollida de cartón porta a porta no casco urbano de Monforte.

Por outra parte, os días 25 e 31 de decembro e o 6 de xaneiro a empresa de recollida de lixo realizará os servizos propios e habituais de domingos e festivos, reforzando o servizo de limpeza viaria con varrido mecanizado

ÚLTIMAS

O 19 de xullo comeza o servizo de lanzadeiras na Ribeira Sacra cunha nova ruta desde Chantada

O servizo de lanzadeiras que pon en marcha o Consorcio de Turismo da Ribeira...

Promoción de produtos agroalimentarios de calidade en Bóveda

A XXI edición da Feira Outrora, en Rubián, contou este ano coa presenza da...

A Xunta Local de Seguridade de Chantada coordina o dispositivo da Subida a Chantada e das Patronais

A 51ª edición desta proba automobilística celebrarase os días 25, 26 e 27 de...

Sarria celebra desde este 14 de xullo ata o día 20 a IV edición do Ultreia e Suseia

Sarria acolle desde este luns e ata o 20 de xullo unha nova edición...