HomesociedadeAberto o prazo de reservas para as rutas fluviais en catamarán

Aberto o prazo de reservas para as rutas fluviais en catamarán

No 2019 utilizaron estas rutas case 62.000 persoas.

Publicado o

- Advertisement -

As rutas fluviais en catamarán na Ribeira Sacra comezarán a funcionar o día 4 de abril, o sábado anterior á Semana Santa. As persoas interesadas en gozar das rutas polo río Miño ou polo Canón do Sil nesta tempada de 2020 poderán facer a súa reserva a través da Central de Reservas, na que poderán gardar ou comprar billetes, así como solicitar todo tipo de información.

Pódese facer online as 24 horas en reservas.rutasembalses.es; ou ben de luns a venres, de 09:00 a 14:30 horas, no teléfono 982.260.196 e no email catamaranes.turismo@deputacionlugo.org. No Pazo de San Marcos, onde se atopa o departamento de Turismo, profesionais da Deputación tamén atenden persoalmente a todos e todas os interesados.

Desde a Deputación lembran que o número de viaxeiros nas rutas fluviais continúa medrando. Na tempada de 2019 subiu un 5%, co que o número total ascendeu a preto de 62.000 persoas.

ÚLTIMAS

Campaña promocional da IXP Pataca de Galicia con premios que consisten en experiencias na Ribeira Sacra

A IXP Pataca de Galicia vén de poñer en marcha a súa campaña de...

Lucía Pérez pregoará o 14 de marzo o II Cocido Gourmet Porco Celta do Incio

A cantante do Incio, Lucía Pérez, será a pregoeira da segunda edición do Cocido...

Ana Torrado do IES Río Cabe participa no programa Allá tú

Ana Torrado Martínez, alumna do Ciclo Superior de Aloxamentos Turísticos do IES Río Cabe,...

O 2 de marzo comeza a reparación da sillería da Ponte Medieval de Monforte

Trala obtención dos correspondentes permisos por parte da Dirección Xeral de Patrimonio e da...