HomesociedadeXornadas lucenses sobre a demografía da provincia

Xornadas lucenses sobre a demografía da provincia

O PP abrirá en febreiro un programa mensual de estudo e debate para abordar o reto demográfico e buscar solucións contra a despoboación.

Publicado o

- Advertisement -

Desde o Partido Popular de Lugo aseguran que a perda de poboación, que chega practicamente á despoboación nalgunhas áreas da provincia, constitúe un motivo de grave preocupación, á vez que un estímulo para buscar solucións ao problema.

O PP de Lugo ultima unha serie de iniciativas coas que espera conseguir un vademecum que poida ser útil desde a perspectiva provincial e aplicable desde a administración local lucense. En febreiro, o PP de Lugo dará comezo aos venres de estudo e debate sobre o reto demográfico. Búscase a implicación de todos os sectores sociais que poden aportar algo para encontrar solucións eficaces para reverter unha situación cada día máis estendida.

Como eixo principal das iniciativas a desenvolver prográmanse accións mensuais para analizar o reto demográfico e como reverter a actual situación no mundo rural, que incluirán a exposición de ponencias por parte de reputados especialistas no mundo da política, da Universidade, do emprendemento, etcétera.

Haberá unha sesión mensual, preferentemente o primeiro venres de cada mes a partir de febreiro. Estas xornadas lucenses de demografía pretenden ser o pistoletazo de saída para mobilizar ao conxunto da sociedade da provincia e visualizar que hai solucións e alternativas viables.

Segundo o PP, a entrada en vigor da Lei de Impulso Demográfico marcará un antes e un despois na abordaxe do problema, no que en Galicia se traballa con rigor desde hai xa moitos anos. Neste senso lembran a aprobación polo Parlamento galego, en abril de 2013, do primeiro Plan de Dinamización Demográfica de Galicia 2013-2016, horizonte 2020, que situou a cuestión demográfica entre as máximas prioridades do Goberno autonómico.

ÚLTIMAS

Campaña promocional da IXP Pataca de Galicia con premios que consisten en experiencias na Ribeira Sacra

A IXP Pataca de Galicia vén de poñer en marcha a súa campaña de...

Lucía Pérez pregoará o 14 de marzo o II Cocido Gourmet Porco Celta do Incio

A cantante do Incio, Lucía Pérez, será a pregoeira da segunda edición do Cocido...

Ana Torrado do IES Río Cabe participa no programa Allá tú

Ana Torrado Martínez, alumna do Ciclo Superior de Aloxamentos Turísticos do IES Río Cabe,...

O 2 de marzo comeza a reparación da sillería da Ponte Medieval de Monforte

Trala obtención dos correspondentes permisos por parte da Dirección Xeral de Patrimonio e da...