HomesociedadeNova cara da rúa Cardenal de Monforte para a Medieval

Nova cara da rúa Cardenal de Monforte para a Medieval

O concello de Monforte vén de firmar a adxudicación da obra de pavimentación da Rúa do Cardenal á empresa Ovisa Pavimentos y Obras S.L.U. que presentou unha oferta por un prezo total de 280.720 euros.  

Publicado o

- Advertisement -

O proxecto da obra da rúa Cardenal foi redactado en setembro de 2019 polo empresa Abante. A obra saíu a licitación o pasado 15 de novembro, cun prezo de 287.707,02 euros. Foron 11 as ofertas que se presentaron a concurso, sendo finalmente adxudicada a obra á empresa Ovisa.

O financiamento será levado a cabo con remanentes de fondos municipais. O prazo de execución da obra será de 56 días (8 semanas) dende a formalización da Acta de comprobación de replanteo e unha vez sexa aprobado o Plan de seguridade e saúde que ten que presentar a empresa antes do inicio das obras. As obras consistirán na mellora do pavimento, canalizacións soterradas e colocación de mobiliario urbano e luminarias led.

A previsión é que o contrato sexa asinado a vindeira semana e que o inicio das obras dea comezo a mediados do mes de xaneiro. O remate da mesma, en virtude dos prazos establecidos, será antes do inicio da Feira Medieval (11 e 12 de abril).

ÚLTIMAS

O Concello de Monforte incentiva o concurso de Maios e Coplas con 1.900 € en premios

O Concello de Monforte prepárase para a súa cita cunha das tradicións primaverais que...

Atopan o corpo do mozo desaparecido en kayak nos Peares

O cadáver foi detectado por un dron da Axencia Galega de Emerxencias (Axega). Tras o...

O obradoiro de emprego A Pinguela III impartirá módulos de carpintaría e albanelaría de urbanización

O obradoiro dual de emprego A Pinguela III creará 24 postos de traballo durante...

Quiroga e Paradela na campaña Toponomízate deste ano

Nesta edición da iniciativa divulgativa, coordinada pola Real Academia Galega coa colaboración da Consellería...