HomesociedadeA D.O. Ribeira Sacra comeza o ano con promoción

A D.O. Ribeira Sacra comeza o ano con promoción

Este 13 de xaneiro, a D.O. Ribeira Sacra está en Navarra coa Asociación de Sumilleres de Navarra, que organizan unha cata de viños da Denominación, contando coa presenza do Presidente do C.R.D.O.R.S., José Manuel Rodríguez, quen ve así o ano a nivel de promoción, “Somos Ribeira Sacra, somos máis de 7 millóns de quilos e seguiremos levando os nosos viños a Feiras e citas nacionais e internacionais, e participando en cantas actividades nos posibiliten abrir ou consolidar mercados.”

Publicado o

- Advertisement -

A tempada de feiras ábrese pronto e do 22 ao 26 de xaneiro, a D.O. estará en Fitur; do 6 ao 9 de febreiro, en Xantar. Tamén en febreiro, o día 28, a D.O. Ribeira Sacra celebrará a Cata de Cualificación da colleita 2019. Nesta ocasión a cita será no municipio de Portomarín. O mes de febreiro completarase, entre outras actividades, coa participación da D.O. Ribeira Sacra en Decanter, en Londres.

En marzo comezarán as Feiras do Viño, sendo a primeira cita en Chantada, a segunda fin de semana de marzo. Seguiranlle a Feira do Viño de Amandi, a de Quiroga e Vilachá para terminar coa de Pantón. O mes de marzo tamén levará á D.O. Ribeira Sacra a Prowein e Gourmets.

En maio celebrarase a Cata dos Viños da Denominación de Orixe Ribeira Sacra, será os días 28 e 29 de maio.

A D.O. segue a súa tendencia ascendente despois de vivir o seu mellor ano. Superáronse os 7 millóns de quilos que suporán máis botellas de viño no mercado, podendo así atender a demanda que teñen as adegas.

O territorio Ribeira Sacra tamén vive un momento excelente coa declaración de BIC e as candidaturas a Patrimonio da Humanidade e Reserva da Biosfera. Esta simbiose entre viño e turismo maniféstase no enoturismo, que cada vez atrae a máis visitantes desde a Ruta do Viño da Ribeira Sacra.

“O turismo é unha ferramenta máis, cada vez hai máis adegas que destinan xente e recursos ao enoturismo, a recibir visitas… Iso é síntoma de que se está crecendo e estanse facendo cousas. As adegas modernízanse en temas de turismo, con salas de cata, espazos para recibir á xente, aloxamentos ligados á propia adega,… Cada día hai un maior avance nestes temas e esperamos seguir medrando nesta liña, para axudar a que máis xente nos visite,” sinala José Manuel Rodríguez.

ÚLTIMAS

Cantos de Taberna no Saviñao

O Concello do Saviñao organiza unha nova edición de Cantos de Taberna para ambientar...

Aberta a inscrición nas XXIII Xornadas Pedagóxicas que organiza a Rede Museística en Tor e San Paio de Narla

A deputada de Cultura, Iria Castro, e a xerente da Rede Museística Provincial de...

Espectacular programa para gozar da XXI Feira Medieval de Monforte

A cidade de Monforte amosa xa, coa decoración de rúas, unha expectación previa que...