HomesociedadeAta o 31 de xaneiro para inscribirse no V coworking da Ribeira...

Ata o 31 de xaneiro para inscribirse no V coworking da Ribeira Sacra

Os emprendedores lucenses poden inscribirse ata o 31 de xaneiro nos coworkings da Mariña, Ribeira Sacra e Palas de Rei.

Publicado o

- Advertisement -

Os espazos coworking da Mariña Lucense,  a Ribeira Sacra e Palas de Rei, impulsados pola Consellería de Economía, Emprego e Industria e en colaboración coa Escola de Organización Industrial (EOI), manteñen aberto ata o 31 deste mes o prazo de inscrición nas convocatorias destinadas aos emprendedores que desexen dispor de asesoramento e apoio formativo para desenvolver unha iniciativa empresarial.

O novo espazo de Palas súmase aos abertos este ano no Ribeiro e Moaña e aos xa activos en Mondoñedo, Monforte de Lemos, Celanova, Cabana de Bergantiños, Ferrol, Santiago e Vilanova de Arousa. Durante este ano estarán en funcionamento un total de 10 espazos, que facilitarán o desenvolvemento das iniciativas empresariais de 220 emprendedores. Esta rede de aceleración leva impulsados 625 proxectos de 701 emprendedores, e un total de 227 iniciativas xa se constituíron como empresas.

Os espazos coworking forman parte da plataforma StartIN Galicia, que agrupa a todas as aceleradoras que apoia a Administración autonómica e que permitiu nos últimos cinco anos impulsar máis de 1000 proxectos emprendedores en todo o territorio. Dentro desta plataforma de apoio integral desenvólvense as business factories e outras aceleradoras como Agrobiotech, ViaGalicia, Galicia Open Future e Connecting For Good Galicia.

ÚLTIMAS

O Enterro da Sardiña despide o Entroido en Monforte

O tradicional Enterro da Sardiña puxo este mércores pola tarde o peche ao Entroido...

A Torre da Homenaxe monfortina lembrará o ‘Día Mundial do Colangiocarcinoma’

O Concello de Monforte colabora coa iniciativa da Asociación de Tumores de Vías Biliares...

“Memorias dun neno labrego”, este 19 de febreiro no Multiusos de Monforte

Nova cita co teatro este xoves, 19 de febreiro ás 20.15 horas, no Edificio...

Búscanse figurantes para a serie ‘LOBO’, rodada en parte no Courel e no Incio

Estas pasadas semanas graváronse xa partes da serie LOBO en escenarios do Courel e...