HomesociedadeClaves e desafíos para educar na era dixital

Claves e desafíos para educar na era dixital

A Asociación cultural, educativa e Social aulABERTA organiza para o venres, 17 de xaneiro, ás 20:00 no Salón de Actos da Casa da Cultura de Monforte, unha charla aberta aos interesados, sobre o uso responsable da rede e adiccións tecnolóxicas.

Publicado o

- Advertisement -

A Asociación cultural, educativa e Social aulABERTA creada por persoas relacionadas co mundo do ensino e con inquedanzas nos ámbitos cultural, educativo e social da comarca de Lemos asegura que “Educar nestes días non é tarefa doada. Nais, pais e educadores/as vivimos nunha sociedade cargada de urxencias e responsabilidades que apenas deixa tempo para pensar. A globalización de Internet e as redes sociais, unido aos tradicionais problemas vinculados ao consumo de alcohol e substancias (nos que os adolescentes se inician cada vez máis cedo), fai que o labor de educar sexa cada vez máis complicado.”

Segundo esta asociación, ao problema do botellón únense agora os problemas derivados do uso dos smartphones, Internet, as redes sociais e as TIC. O risco de adicción á Rede, prácticas como o sexting e a sextorsión, o uso de videoxogos violentos, as apostas en liña, ou o contacto con descoñecidos, xunto ao aumento preocupante do ciberacoso, levan aos expertos a cuestionar se non se estará dando un paso atrás no eido educativo.

A investigación advirte da necesidade de estratexias de intervención de carácter integral. Nese senso, a Prevención e a Educación son dúas das ferramentas máis valiosas para poder dar unha resposta eficaz aos problemas actuais. Neste caso o profesor da USC, Antonio Rial Boubeta, Doutor en Psicoloxía Social, tentará poñer enriba da mesa algúns dos retos educativos  na era dixital e, ao mesmo tempo, algunhas recomendacións para a ser quen de xerar boas solucións, tanto dende as familias como dos propios centros.

ÚLTIMAS

Veciñanza Fronte o Odio promove un encontro este xoves, 15 de outubro, no centro cívico de Monforte

O colectivo Veciñanza Fronte o Odio organiza este xoves, 15 de outubro, unha palestra...

Do 14 ao 30 de outubro está aberta a convocatoria de axudas para o transporte do alumnado de Monforte que estuda fóra

Poderá optar a estas axudas: Alumnado de ensinanzas universitarias adaptadas ao Espazo Europeo de Educación...

Este venres, 16 de outubro, comeza unha nova tempada do “cineclube Ateneo” de Monforte

Este proxecto de cineclub, organizado polo equipo do Ateneo Casino, baixo a coodinación do...

Diego Vallina sobre o  pan de Siós: “cando chego ao Gadis case mo quitan das mans”

Cada día quedan menos panaderías como as de antes, que cozan en fornos de...