Homesociedade"Seguimos para poder dicir que acabamos este Dakar 2020", Eduardo Iglesias

“Seguimos para poder dicir que acabamos este Dakar 2020”, Eduardo Iglesias

O piloto monfortino de motos, Eduardo Iglesias, espera completar este venres, despois de 379 quilómetros o seu primeiro Dakar.

Publicado o

- Advertisement -

Este xoves, 16 de xaneiro, celebrouse a 11 etapa do Dakar que termina mañá. O francés Stephane Peterhansel (Mini) gañou esta etapa na que Carlos Sainz quedaba terceiro, con suficiente vantaxe para afrontar a xornada final e gañar por terceira vez o rally.

Fernando Alonso queda oitavo despois dunha gran remontada e colocarse 13 na xeral; e Eduardo Iglesias segue adiante disposto de completar mañá o Dakar. Nesta 11 etapa fixéronse 167 quilómetros de competición, despois de que a organización recortase os 374 previstos, ao atoparse en construción un gasoduto en parte da zona de competición.

Eduardo Iglesias / José Mario Dias

Eduardo Iglesias fala así en vésperas de chegar a completa o Dakar, “Estamos a piques de terminar o Dakar e non debemos meternos en moitas problemas agora. Hai que conservar mecánica que está a haber bastantes avarías. Fisicamente estamos un pouco xustos e hai que facer o spring final. Hai que dosificar que foi unha etapa toda de area e bastante pesada e longa. Seguimos para poder dicir que acabamos este Dakar 2020.”

Eduardo Iglesias / Víctor Eleuterio Costa

O Dakar comezaba o pasado 5 de xaneiro, nesa primeira etapa, Eduardo Iglesias chegaba non posto 130. Este xoves termínase o rally cos 379 quilómetros de especial entre Shubaytah e Haradh (Arabia Saudita).

ÚLTIMAS

O Club Quixós de piragüismo remata a tempada cun segundo posto no Campionato Galego de Promoción Slálom

O Campionato Galego de Promoción Slálom contou esta mañá en terras pontevedresas con 51...

Un incendio en Ribas de Sil calcina unha superficie de tres hectáreas

Ribas de Sil rexistrou esta tarde un incendio forestal que calcinou unha superficie de...

Sorteo de prazas do Programa Activa Monforte o 14 de outubro

O sorteo público de prazas do Programa Activa 2026-2027 que se celebrará o vindeirmércores...

O 17 de outubro “Vémonos no Camiño” percorrerá o treito entre Pantón e Belesar

A andaina comezará ás 10:00 horas no Mosteiro de Ferreira de Pantón, nunha xornada...