HomesociedadeSober volve a Xantar

Sober volve a Xantar

O Concello de Sober mantense fiel á súa cita con Xantar, o 21º Salón Internacional de Turismo Gastronómico que se vai celebrar en Ourense entre o 5 e o 9 de febreiro.

Publicado o

- Advertisement -

O Concello de Sober estará presente un ano máis con stand propio para promocionar o seu produto máis emblemático, o viño de Amandi, e tamén outros recursos turísticos, como a olería de Gundivós e o seu patrimonio natural e arquitectónico; o Canón do Sil, os miradoiros ou o románico rural, entre outros.

Tamén aproveitará esta cita para publicitar a XL Feira do Viño de Amandi, declarada de Interese Turístico, que se vai celebrar na localidade os días 4 e 5 de abril. O concello terá un día dedicado en Xantar, que será o domingo día 9. Nesta xornada farase unha degustación de viño de Amandi, rosca de Sober e mel, produtos todos eles típicos do municipio.

Xantar

Ademais da promoción da gastronomía, Xantar tense convertido tamén no punto de encontro dos recursos turísticos das rexións participantes no salón. Sen saír do recinto o visitante pode coñecer os atractivos naturais, arquitectónicos, históricos e, por suposto, gastronómicos, dos distintos puntos xeográficos, promovidos por organismos públicos que acoden a esta cita procedentes de España e doutros países a nivel internacional.

ÚLTIMAS

O Quiroga Trail Challenge ‘reinvéntase’

Despois dun agosto fatídico para parte das montañas do Concello de Quiroga por mor...

A Xunta resposta a Tomé sobre a acollida de migrantes no centro de Monforte: “Se demostrou ser solidario debería dar as grazas”

A conselleira de Política Social, Fabiola García, replicou ao alcalde de Monforte e presidente...

Monforte prepárase para o San Mateo

A mesa de seguridade para a celebración do San Mateo estableceu tamén a circulación...