HomesociedadeO CEIP Frei Luís retomará as clases "con normalidade" o vindeiro 3...

O CEIP Frei Luís retomará as clases “con normalidade” o vindeiro 3 de febreiro

O delegado da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, explicou que se está habilitando a Escola Fogar de Sarria para trasladar alí o alumnado mentres non se rematen as obras no colexio.

Publicado o

- Advertisement -

As clases no colexio Frei Luís de Granada (Sarria) comezarán con “normalidade” o próximo 3 de febreiro, tal e como manifestou este luns o delegado da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro.

Unha “normalidade” que se retomará logo de que, desde o pasado luns 20 de xaneiro, pais e profesores protestasen polas obras acometidas no centro e de que a maioría do alumnado non acudise a clase. Mesmo se convocou unha manifestación en Sarria o pasado venres.

O delegado da Xunta confirmou que este luns só acudiron ás aulas 46 dos 367 nenos escolarizados neste centro público de Sarria, o único destas características neste municipio.  Ademais, Balseiro confirmou que o Concello está a colaborar para habilitar a Escola Fogar como espazo alternativo para desenvolver a actividade lectiva mentres non se conclúan as obras no colexio.

“Hai que sacar material que hai alí e, a continuación, hai que conectar a calefacción e facer algunha división para facer aulas. Cóntase que o mércores iso estea terminado e que as clases empecen con normalidade o luns que vén”, constatou.

ÚLTIMAS

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...

Adrián González, novo voceiro do PP de Quiroga

Adrián González, de 32 anos e vinculado ao deporte, agradece a confianza dos compañeiros...

Iniciativas de Esperta Monforte no pleno deste luns

Esperta Monforte presenta ao pleno unha moción para incrementar a partida de subvencións de...