HomesociedadeMelloras da Tarxeta Benvida para os nacementos do 2020

Melloras da Tarxeta Benvida para os nacementos do 2020

A convocatoria deste ano incorpora catro novidades. Unha delas é o incremento nun 25% para as familias que vivan en concellos de menos de 5.000 habitantes, para apoiar os fogares con fillos no rural. Esta mellora beneficiará á práctica totalidade dos concellos das comarcas de Lemos, Chantada e Quiroga, onde só Chantada e Monforte superan esta cifra de poboación.

Publicado o

- Advertisement -

A Consellería de Política Social vén de publicar no Diario Oficial de Galicia (DOG) as bases para que os pequenos que nazan no 2020 poidan beneficiarse da Tarxeta Benvida, que este ano mellora as condicións para as familias numerosas, as que residen no rural, as familias en situación de especial vulnerabilidade e as que retornan a Galicia dende o exterior.

A Tarxeta Benvida consiste nunha axuda directa de 1.200 euros durante o primeiro ano de vida do bebé para destinar á compra de alimentos infantís, cueiros, roupa, berces e produtos de hixiene, farmacéuticos e ópticos. En función da renda, dende 2018 a tarxeta pode ampliarse ata o terceiro ano de vida da nena ou neno.

Outra das novidades da actual convocatoria é que se duplica a cantidade que se percibe polo terceiro fillo e sucesivos durante o primeiro ano, de xeito que se recibirán 2.400 euros anuais, cifra que se elevará ata os 3.000 euros en caso de que vivan nun concello rural. Así mesmo, contémplase a posibilidade de prórroga da Tarxeta Benvida para as familias en situación de especial vulnerabilidade ata que o neno ou nena teña catro anos.

As axudas económicas impulsadas pola Xunta para dar facilidades ás familias galegas compleméntanse con outras iniciativas para proporcionarlles aos pais e nais recursos de conciliación, como a gratuidade das escolas infantís galegas para os segundos fillos e sucesivos a partir de abril; ou as Casas Niño, gratuítas para os usuarios. Na provincia de Lugo funcionan 16 Casas Niño e está previsto que neste exercizo abran tres máis.

ÚLTIMAS

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...

Adrián González, novo voceiro do PP de Quiroga

Adrián González, de 32 anos e vinculado ao deporte, agradece a confianza dos compañeiros...

Iniciativas de Esperta Monforte no pleno deste luns

Esperta Monforte presenta ao pleno unha moción para incrementar a partida de subvencións de...