HomesociedadeA celebración do San Blas trasládase á Régoa

A celebración do San Blas trasládase á Régoa

A celebración do San Blas, no concello de Monforte este 3 de febreiro, trasládase á igrexa da Régoa debido as obras de restauración que se están a levar a cabo na igrexa de San Vicente, que é onde habitualmente se celebra esta festividade.

Publicado o

- Advertisement -

Ante a previsión dunha elevada afluencia de asistentes e tendo en conta que a ubicación da Régoa é en zona de escasa capacidade de estacionamento e con acceso mediante vías estreitas, resulta necesario adoptar unha serie de medidas de ordenación do tráfico en canto á circulación e estacionamento para garantir no posible a fluidez e a seguridade de todos os usuarios.

Segundo o informe elaborado pola Policía Local de Monforte, o 3 de febreiro, tomaranse as seguintes medidas de tráfico:

  1. Supresión do estacionamento de vehículos no atrio da igrexa da Régoa e na baixada ó mesmo dende a rúa Santo Domingo, dende as 8 da mañá ata a finalización da misa e a evacuación das persoas asistentes.
  2. Supresión do estacionamento de vehículos no tramo da rúa Santo Domingo comprendido entre o inicio da mesma (Taberna KM 0) ata a porta da Alcazaba, dende as 8 da mañá ata a finalización da misa e a evacuación das persoas asistentes.
  3. Supresión do tráfico rodado na baixada e atrio da igrexa da Régoa en dirección Costa da Pena dende aproximadamente as 10:30 horas (podendo adiantarse si a afluencia de persoas o esixe) ata a finalización da misa e a evacuación das persoas asistentes.
  4. Establecemento dunha única dirección de circulación de vehículos na rúa Santo Domingo que será entrando dende a Praza de Abastos pola rúa Ricardo Quiroga, dirección San Vicente, e saíndo por Campo da Virxe e rúa Real, dende aproximadamente as 10:30 horas (podendo adiantarse si a afluencia de persoas o esixe) ata a finalización da misa e a evacuación das persoas asistentes.
  5. O estacionamento farase no tramo superior da rúa Santo Domingo, na marxe dereita en sentido subida (entre a Porta da Alcazaba e o Campo da Virxe), no propio Campo da Virxe e na subida a San Vicente.
  6. Todo o dispositivo sinalizarase mediante sinais verticais e vallas e haberá efectivos da Policía Local para ordenar a circulación mentres dure o evento.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...