HomesociedadeEntrega dunha vivenda de promoción pública no casco histórico de Chantada

Entrega dunha vivenda de promoción pública no casco histórico de Chantada

Publicado o

- Advertisement -

A Xunta de Galicia entrega unha vivenda de promoción pública en réxime de alugueiro situada no casco histórico de Chantada, na rúa Dous de Maio. O inmoble ten unha superficie de 84,32 metros cadrados cunha distribución de espazos en vertical.

O Goberno galego dispón no municipio dun parque de preto dun cento de vivendas de promoción pública. En concreto, hai 87 de réxime xeral repartidas en tres edificios da vila, e oito en dous edificios do casco histórico; todas están ocupadas salvo unha destas últimas, que está en trámites de adxudicación.

As persoas interesadas poden inscribirse en calquera momento no Rexistro Único de Demandantes, que xestiona o Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS), dependente da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda. As inscricións poden facerse presencialmente ou ben a través da sede electrónica da Xunta.

ÚLTIMAS

Monforte licita por 280.000€ as melloras do pavimento da Avda de Galicia- Rúa Chantada e Rúa Vigo

Ambas actuacións están incluídas no plan de investimentos en infraestruturas viarias que anunciou o...

Olga Novo da man con Begoña Caamaño no Día das Letras en Quiroga, este 15 de maio

Baixo o título, “Begoña Caamaño, a muller que inventaba o mundo”, a escritora e...

A Ribeira Sacra potencia a súa candidatura co 27º encontro internacional do Convenio da Paisaxe

Os participantes poñerán en común as iniciativas que están a levar a cabo nos...