HomesociedadeExplotación de vacas cachenas na aldea modelo de Trascastro

Explotación de vacas cachenas na aldea modelo de Trascastro

Os labores de limpeza que Medio Rural desenvolve en Trascastro permitirán a posta en marcha dunha explotación de gandaría en extensivo de razas autóctonas, concretamente de vacas cachenas, que vai ser traballada en ecolóxico.

Publicado o

- Advertisement -

A Consellería do Medio Rural vén de iniciar co mes de febreiro, os traballos de roza e limpeza de máis de 100 hectáreas en cinco aldeas modelo de toda Galicia. Estas aldeas son Trascastro, no municipio lucense do Incio; Infesta (Monterrei), Trabazón (O Irixo), Muimenta (Carballeda de Avia) e Penedo (Boborás), todas elas na provincia de Ourense.

O conselleiro, José González, estivo este martes pola mañá en Trascastro, onde a Xunta limpará unhas 14 hectáreas, distribuídas en 178 parcelas dun cento de propietarios. Os labores permitirán a posta en marcha dunha explotación de gandaría en extensivo de vacas cachenas. Neste mesmo municipio do Incio estudarase a posibilidade de incorporar ao proxecto de aldea modelo a posta en valor doutras 40 hectáreas de soutos de castiñeiros, no marco dos proxectos de recuperación destes espazos nos que traballa a Consellería.

Trascastro

Nesta liña, o conselleiro sinalou que “as aldeas modelo fan un labor de prevención de incendios, pero tamén mobilizan terra” e anunciou que este ano van comezar diferentes proxectos piloto de polígonos agrogandeiros e forestais que, combinados coas reestruturacións parcelarias -que se seguirán facendo- e as aldeas modelo, permitirán unha importante mobilización de terras.

Medio Rural recibiu xa máis de 50 solicitudes para poñer en marcha aldeas modelo ao longo de toda Galicia. Atópanse en trámite máis de 20, que suporán a posta en valor de máis de 620 hectáreas, repartidas en case 13.000 parcelas duns 3200 propietarios.

José González puxo en valor, ademais, que a día de hoxe son 252 os concellos galegos incorporados ao convenio de protección dos núcleos de poboación, subscrito entre Medio Rural, a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e a empresa pública Seaga e no que se enmarca a iniciativa das aldeas modelo. Isto supón que máis do 80% dos municipios da comunidade xa están sumados a este acordo.

ÚLTIMAS

A falta de vivenda centra o foro que Ribeira Sacra Next promove o 19 de xuño no Parador de Monforte

Durante a presentación do encontro, na sede da CEO, os representantes das tres entidades...

O 28 de xuño o director de cine, José Luis Guerin, participa en Sober na proxección do seu filme ‘Historias del Buen Valle’

Aproveitando a presenza do cineasta na vila, o Concello de Sober organiza, en colaboración...

O IES Río Cabe de Monforte faise co 2º e o 3º posto na fase final do Parlamento Xove

A categoría de ESO formárona Estefanía Fernández Muñoz, Verónica Caplea, África Guitián García e...

Graduación do alumnado de Formación Profesional no IES Francisco Daviña Rey

Durante o acto de graduación celebrado no IES Francisco Daviña Rey tivo lugar a...