HomesociedadeMonforte ten os peores datos de paro referidos a xaneiro na zona...

Monforte ten os peores datos de paro referidos a xaneiro na zona sur de Lugo

Dos 59 desempregados que suma o INEM na Comarca de Lemos, 52 localízanse no Concello de Monforte.

Publicado o

- Advertisement -

Por comarcas, a Comarca de Sarria queda con 1.131 parados/as (+36), a Comarca de Chantada con 639 (+27), a de Quiroga queda cos mesmos que tiña, 285, tras compensar a subida de Quiroga e Ribas de Sil coa baixada de Folgoso do Courel; e finalmente a Comarca de Lemos na que, tras a subida en 59 o número de desempregados/as, queda con 1.636.

Por concellos, Folgoso do Courel pecha o mes de xaneiro cos mellores datos da zona sur ao baixar en 5 o número de inscritos no INEM. Detrás, O Saviñao e Carballedo salvan os mobles gañando, nos dous casos, catro afiliados á Seguridade Social. Pola contra, os peores números son para Monforte, con 52 parados/as máis neste pasado mes de xaneiro, Sarria que aumentou en 24, e Chantada e Taboada con subidas de 16 e 15 respectivamente.

DATOS DO PARO POR CONCELLOS

Na Comarca de Sarria os números quedan así: O Incio 45 desempregados/as (-1), Láncara 121 (+8), Paradela 45 (+2), O Páramo 38 (+3), Samos 37 (+1), Triacastela 31 (-1) e Sarria 814 (+24).

En Chantada: Carballedo 62 (-4), Taboada 110 (+15) e Chantada 467 (+16).

Na Comarca de Lemos: O Saviñao 152 (-4), Sober 111 (+1), Bóveda 61 (+3), Pantón 100 (+6), A Pobra do Brollón 75 (+1) e Monforte de Lemos 1.137 (+52).

Na Comarca de Quiroga: Ribas de Sil 58 (+2), Quiroga 182 (+3) e Folgoso do Courel 45 (-5).

ÚLTIMAS

Consello Regulador e Deputación de Ourense buscan ‘fortalecer’ a D.O. Ribeira Sacra

Antonio Lombardía, presidente do Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra, vén de reunirse co...

Pacios de Veiga, na Pobra do Brollón, denuncia anos de mal servizo de telefonía móbil e internet

Desde a Asociacion Veciñal e a Comunidade de Montes de Pacios de Veiga aseguran...

O BNG esixe a ADIF habilitar un paso peonil na estación de Santo Estevo de Sil en Pantón

A organización nacionalista esixe diálogo coa veciñanza para acordar a solución máis adecuada, recuperando...

Mellórase con 200.000€ a eficiencia enerxética e o illamento do Pavillón Municipal de Ribas de Sil

O pavillón é un edificio de titularidade municipal que forma parte do complexo docente...