HomesociedadeIES A Pinguela, centro solidario

IES A Pinguela, centro solidario

O IES A Pinguela, a través do proxecto "IES A Pinguela, centro solidario", levou a cabo a entrega de tres ordenadores portátiles, á asociación sen ánimo de lucro "Un paso hacia el futuro", asociación de Monforte de Lemos que ten o obxectivo de integrar ás persoas con mobilidade reducida.

Publicado o

- Advertisement -

Os ordenadores entregados á asociación foron revisados, actualizados e preparados polo alumnado de segundo curso do Ciclo Medio de Sistemas Microinformáticos e Redes, que quixeron facer persoalmente a súa entrega para poder coñecer así á xunta directiva da Asociación, conversar sobre a experiencia do proxecto e ultimar detalles técnicos.

O proxecto “IES A Pinguela, centro solidario” nace fai anos co fin de que o alumnado poida apreciar os bens que se teñen, así como de comprender, valorar e apoiar a aquelas persoas que non dispoñen dos mesmos recursos, tentando afondar nos valores solidarios e difundir no alumnado un sentimento de voluntariado e de solidariedade cos demais.

IES A Pinguela solidario

O proxecto “IES A Pinguela, centro solidario” sitúase dentro do programa Rede de Centros Escolares Solidarios, pertencente ao Plan Proxecta, unha iniciativa da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, en colaboración con diferentes organismos, dirixida a fomentar a innovación educativa nos centros a través de programas educativos e elementos transversais, nos que se inclúe a educación en valores. Está dirixido por Diego Garrido Rivero, profesor de Informática e Responsable de Calidade do IES A Pinguela.

ÚLTIMAS

Información ambiental para a veciñanza no Concello da Pobra do Brollón

O equipo de Axentes Ambientais, dependente da Consellería de Medio Rural, ofrece atención á...

Charla sobre a antiga bailía templaria de Canaval

A conferencia, a cargo de Almudena Bouzón Custodio, doutora en Historia Medieval pola USC, abordará...

IGV denuncia que “o campo galego véndese aos lobbies en Bruxelas”

IGV lamenta nun comunicado que moitos partidos estatais practican un duplo rexistro "para enganar...

O PP de Monforte volve reclamar máis seguridade no paso a nivel da Florida

Este paso a nivel volveuse poñer en funcionamento despois das obras na liña ferroviaria...