A estas alturas do ano os viticultores centran a actividade da viña na poda. Redúcese a parte vexetativa da vide co obxectivo de limitar o seu crecemento natural e mellorar o seu rendemento e calidade das uvas. É unha parte fundamental do traballo na viña que axuda a definir o viño.
A xornada “a arte da poda” ten un prezo de 20 euros e consistirá en visita ao viñedo co técnico da adega e explicación da poda e práctica no viñedo, para rematar con visita á adega, cata dos seus viños e comida. As prazas son limitadas, polo que é necesario inscribirse no correo rutavino@ribeirasacra.org ou chamando ao teléfono 698 167 991.
A actividade prolongarase ata as 16.30 horas e non inclúe transporte. Recoméndase levar roupa e calzado axeitados. A proposta ábrese tamén á participación dos máis novos, de modo que os menores de 6 anos poden participar de balde e os nenos de entre 6 e 12 anos terán que abonar 10€.