HomesociedadeA Ribeira Sacra en Xantar

A Ribeira Sacra en Xantar

Publicado o

- Advertisement -
O Concello de Sober recibe en XANTAR o 3º Premio do Concurso de Carteis de Festas Gastronómicas outorgado polo deseño do cartel da XXXIX Feira do Viño de Amandi. A encargada de recoller o premio foi a responsable da Oficina Municipal de Turismo, Silvia Somoza Montero.
O cartel gañador do ano pasado foi elaborado por Rodrigo Coucheiro. O concurso deste ano segue en marcha e pódense presentar orixinais ata o 15 de febreiro.

Xantar dedicoulle a última xornada ao Concello de Sober. Fíxose unha degustación de viño de Amandi, rosca de Sober e mel, produtos todos eles típicos do municipio.

Tamén a D.O. Ribeira Sacra participou en Xantar, levando os seus viños ao Túnel do Viño e sendo parte dos Talleres Gastronómicos de degustación dos produtos do mar de Galicia, Aula Mar. Así, a D.O. estivo en “Cata a lata” coa Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas de Peixes e Mariscos e en Acuicultura “Descúbrea” con outras D.O. e I.X.P de Galicia.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...