HomesociedadeA Valedora admite a queixa dos animalistas contra Chantada

A Valedora admite a queixa dos animalistas contra Chantada

O consistorio non deu resposta a unha solicitude de información pública realizada o pasado 5 de Decembro. Libera! busca esclarecer se houbo chamadas de abandono animal previas ao coñecido caso da cadela Alma.

Publicado o

- Advertisement -

O caso da cadela Alma a finais do pasado ano en Chantada, aínda ten información por descubrir tal e como sinala a Asociación Animalista Libera. Os animalistas dirixiron peticións de datos a organismos como AXEGA, coordinación do 112, e á Dirección Xeral da Garda Civil, para coñecer se estas entidades recibiran chamadas sobre abandono de cans coincidentes con Alma, a cadela que foi tiroteada e mallada ata a súa morte días despois no Hospital Veterinario Rof Codina.

A intención da ONG na súa solicitude ao Concello de Chantada baseábase en coñecer se recibiu tamén chamadas polo abandono de animais, tal e como remitiu durante varios días o 112 á agrupación local de Protección Civil e á Policía Local do municipio, e que medidas adoptaría o consistorio para cumprir coa Lei de Benestar Animal do 2017.

Libera asegura que aínda que a solicitude se realizou o pasado 5 de Decembro, o goberno local non deu resposta algunha, superando os prazos fixados na Lei de Transparencia e Bo Goberno de Galicia e vulnerando o dereito á información pública dos defensores dos animais.

LIBERA! lamenta que Chantada, en lugar de facer un serio propósito público de emenda no relativo ao caso da cadela maltratada para evitar que se reproduzan comportamentos similares no seu termo local, optase por un silencio que só produce malestar e fai crecer as sospeitas de desinterese por parte das autoridades municipais polo bo trato animal e a prevención do abandono.

ÚLTIMAS

O Club Quixós de piragüismo remata a tempada cun segundo posto no Campionato Galego de Promoción Slálom

O Campionato Galego de Promoción Slálom contou esta mañá en terras pontevedresas con 51...

Un incendio en Ribas de Sil calcina unha superficie de tres hectáreas

Ribas de Sil rexistrou esta tarde un incendio forestal que calcinou unha superficie de...

Sorteo de prazas do Programa Activa Monforte o 14 de outubro

O sorteo público de prazas do Programa Activa 2026-2027 que se celebrará o vindeirmércores...

O 17 de outubro “Vémonos no Camiño” percorrerá o treito entre Pantón e Belesar

A andaina comezará ás 10:00 horas no Mosteiro de Ferreira de Pantón, nunha xornada...