IniciosociedadeMonforte presume en Tui de pasado sefardí

Monforte presume en Tui de pasado sefardí

O día 14 de febreiro, ós asistentes a estas xornadas desprazaranse ata Monforte de Lemos para visitar a súa xudaría. Será a partir das 15:30 horas e serán acompañados por Felipe Aira e Gloria Prada.

Publicado o

- Advertisement -

O pasado xudeu do Concello de Monforte foi protagonista, este13 de febreiro, nas xornadas que organiza a Asociación Profesional de Guías de Turismo de Galicia (APIT Galicia) en Tui. A 1ª Tenente de Alcalde, Gloria Prada, acompañada polo historiador monfortino Felipe Aira, desprazouse ata Tui para participar desta actividade que se enmarca dentro do plan do Equipo de Goberno do Concello de promoción turística da cidade e de difusión do seu patrimonio histórico e artístico.

En concreto, e baixo o título Os Xudeos e Conversos en Galicia: os seus lugares, a súa historia, na sede da UNED de Tui desenvolveuse dende as 10 da mañá de hoxe un programa cuxo obxectivo non foi outro que dar a coñecer ós asistentes os aspectos máis relevantes e destacados das xuderías dos tres concellos galegos que contan cun pasado sefardí, Tui, Ribadavia e Monforte de Lemos. Estes 3 concellos pertencen á Red de Juderías de España.

Xornadas pasado sefardí Tui / Concello de Monforte

ÚLTIMAS

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa que descubrín de Galicia”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...

O Club Quixós participa estes días na 2ª Copa de España de Eslálom Olímpico

O Club de Piragüismo Quixós, de Monforte, chegou con dez deportistas a terras catalás...