HomesociedadePremiado nun certame nacional de deseño, un soberino

Premiado nun certame nacional de deseño, un soberino

O Concello de Sober felicita a Manuel González Rodríguez, con raíces en Liñarán, polo seu premio no certame nacional de deseño ‘Rado Star Prize Spain’, que tivo lugar no marco do Madrid Design Festival. O obxectivo do certame é promover ás novas promesas do deseño, dándolles unha plataforma para mostrar o seu traballo.

Publicado o

- Advertisement -

Manuel González, de 34 anos, atópase rematando o ciclo de ebanistería artística na Escola de Arte e Superior de Deseño (EASD) Antonio Faílde, en Ourense, e este verán planea abrir un taller de artesanía en Liñarán.

O seu traballo foi seleccionado por un xurado de profesionais do mundo do deseño e a semana pasada estivo exposto nas xornadas ‘Madrid Designe Festival’, no Colexio Oficial de Arquitectos de Madrid (COAM).

O soberino presentou a peza ‘Sestrelo’, unha mesiña auxiliar que tamén serve de asento. A idea de sestrelo vén da palabra orixinaria ‘setestrelo’ que na cultura galega denomina a constelación da osa maior coas súas sete estrelas ben marcadas.

Sestrelo

A súa peza conseguiu o premio do público, que consistía nun reloxo da marca suíza RADO e na posibilidade de expor a súa creación. Manuel González traballa xa noutras pezas, concretamente na confección dunha cama de can coa técnica de dobrado de madeira.

ÚLTIMAS

Un incendio en Ribas de Sil calcina unha superficie de tres hectáreas

Ribas de Sil rexistrou esta tarde un incendio forestal que calcinou unha superficie de...

Sorteo de prazas do Programa Activa Monforte o 14 de outubro

O sorteo público de prazas do Programa Activa 2026-2027 que se celebrará o vindeirmércores...

O 17 de outubro “Vémonos no Camiño” percorrerá o treito entre Pantón e Belesar

A andaina comezará ás 10:00 horas no Mosteiro de Ferreira de Pantón, nunha xornada...

Marta Marqués e Alberto Fidalgo, campións galegos de Marcha Nórdica

Manzaneda acolleu o pasado 3 de outubro a 2ª Copa Galega de Marcha Nórdica,...