HomesociedadeFeira de oportunidades de inverno en Monforte

Feira de oportunidades de inverno en Monforte

O evento desenvolverase os días 29 de febreiro e 1 de marzo nos Mercados da Praza de Abastos e participarán 17 establecementos comerciais da cidade do Cabe. A feira está organizada polo Centro Comercial Urbano (CCU) e conta coa colaboración do Concello de Monforte.

Publicado o

- Advertisement -

A vindeira fin de semana, os días 29 de febreiro e 1 de maio, no espazo dos Mercados da Praza de Abastos de Monforte celebrarase unha nova edición da Feira de Oportunidades de Inverno organizada polo Centro Comercial Urbano (CCU) e coa colaboración do Concello de Monforte.

No certame participarán 17 establecementos comerciais de Monforte: profesionais do sector da moda, calzado, bebé, complementos, decoración, mercería …. que ofertarán aos asistentes grandes descontos de fin de tempada, superando nalgúns casos o 70%.

O horario da Feira de Oportunidades de Inverno contempla xornadas de mañá e tarde:

  • O sábado 29 de febreiro abrirá de 10:00 a 13:30 e de 17:00 a 20:30 horas.
  • O domingo 1 de marzo o horario será de 11:00 a 13:30 e 17:00 a 20:30 horas.

As feiras de oportunidades presentan cada ano máis atractivos, e cada vez máis clientes atopan nestes certames interesantes compras. Monforte conta cun importante nó comercial, onde se centran as compras da comarca e contorna.

Pódese atopar máis información e fotografías nas redes sociais do CCU de Monforte co hashtag #asoportunidadesdoccu e en www.ccumonforte.com. Tamén as redes sociais e a web do Concello de Monforte faranse eco da evolución deste evento.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...