HomesociedadeColorido desfile de comparsas en Quiroga

Colorido desfile de comparsas en Quiroga

Quiroga pechaba este domingo, 23 de febreiro, cun colorido desfile de comparsas. Máis de 200 persoas,  repartidas en dez comparsas chegadas de toda a comarca, encheron de música e cor a rúa Real .

Publicado o

- Advertisement -

As boas temperaturas acompañaron os desfiles de entroido desta fin de semana. En Quiroga foron moitos os asistentes que acudían disfrazados, tal e como era o caso do alcalde, Julio Álvarez, a senadora quiroguesa Rosa Arza e algúns concelleiros.

Cada comparsa tentou acaparar as miradas do xurado, integrado por un membro de cada comparsa participante, que valoraría especialmente a orixinalidade dos disfraces, a coreografía, a escenografía, a elaboración do vestiario e a elaboración da carroza.

O primeiro premio dotado de 600 euros recaeu na comparsa Campo da Feira , o segundo premio de 300 euros foi para a comparsa os quirogüinos do Xeoparque e un terceiro premio de 200 euros levouno a comparsa Villarecicla. O resto das comparsas participantes recibirá 100€. No caso de disfraces individuais estableceuse un único premio ao mellor disfrace de 60 €.

A xornada de Entroido remataba con un  baile de disfraces amenizado pola charanga BB+. Ao remate, invitación a chocolate con churros para todas as persoas que se achegaban a gozar da festa.

O entroido en Quiroga segue este luns con Festa Infantil, na Discoteca Yoya, a partir das cinco da tarde; e o Centro Social organiza o martes, día 25, a partir das seis da tarde, unha cita para os socios e socias, na que haberá doces típicos destas festas con sangría e baile de disfraces.

Desfile entroido Quiroga / Concello de Quiroga

 

ÚLTIMAS

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...