HomesociedadeEn marcha "Súbete ao clube CCU Sarria e gaña"

En marcha “Súbete ao clube CCU Sarria e gaña”

A Asociación de Comerciantes, Empresarios, Profesionais e Autónomos de Sarria (ACES)- CCU pon en marcha unha nova campaña a través da platafoma de fidelización da que dispón dende o pasado mes de setembro "Clube CCU Sarria", posta en funcionamento coa colaboración da Federación Galega de Comercio.

Publicado o

- Advertisement -

bete ao clube CCU Sarria e Gaña” é o nome desta nova campaña promocional que se inicia este martes, 2 de marzo, e rematará o 3 de xullo. Haberá tres sorteos dentro desta única campaña, e en cada sorteo poranse en xogo dúas tarxetas prepago de 50 euros para gastar de novo nos establecementos do clube:

  • Compras rexistradas entre o 2 e o 31 de marzo, sorteo 6 de abril;
  • Compras rexistradas no mes de abril, sorteo o 6 de maio; e
  • Compras rexistradas o mes de xuño, sorteo o 3 de xullo.

Para poder participar, os clientes teñen que estar rexistrados na plataforma “Club CCU Sarria” (é totalmente gratuito) e realizar as compras nos comercios pertencentes o mesmo clube nas datas sinaladas.

O obxetivo desta promoción é premiar a fidelidade dos clientes, fomentar as compras e incentivar o consumo nos establecementos integrados no clube ccu sarria, e asimesmo, promocionar dito clube de fidelización, a fin de que má¡is establecementos e clientes se sumen ao mesmo, dadas as súas vantaxes e as campañas que organiza.

Participan nesta iniciativa: Artelis Peluquería, Azafrán Delicatessen, Bicarelo, B the travel Brand Sarria, Barja Shoes, Cactus Rose, Calzados Gayoso, Calzados Veiga, Cris Abad, Dimar, Electronova, Goyanes, Xoiaría Díaz, Xoiarí­a Salgado, Lar de Menchu, Mercería Lucía, Mercería Sarillo, Moncho Moda, Óptica Malecón, Peluquería Estilo, Píkaros Story, Santamarta, Senayo, Trece Tablas Store, Ultreia e Vilamey Complementos.

ÚLTIMAS

A aldea do Cotillón, un exemplo da tendencia por decorar as aldeas do rural no Nadal

As decoracións de Nadal a nivel particular e a nivel público semella que van...

Preséntase o proxecto para a urbanización da Zona D

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado pola 1ª Tenente de Alcalde, Gloria Prada,...

O humorista Alberte Montes presenta “Patrón” este 27 de decembro na Casa da Cultura de Monforte

Patrón é un espectáculo moi especial. Unha homenaxe a esa figura icónica da cultura...

O pleno do CRDO quere reducir rendementos en viña e limitar novas plantacións

O pleno decidiu por unha banda solicitar unha modificación de prego de condicións en...