Homesociedade1 millón de euros da Xunta para mellorar 3 estradas que comunican...

1 millón de euros da Xunta para mellorar 3 estradas que comunican Monforte

A Plataforma de Contratos Públicos de Galicia vén de publicar a licitación das obras de reforzo localizado do firme en tres estradas que vertebran as comunicacións con Monforte de Lemos, que contan cun orzamento de algo máis de 1 millón de euros.

Publicado o

- Advertisement -

Os traballos suporán a mellora de diferentes treitos coa finalidade de incrementar a seguridade viaria. En concreto, afectarán á vía de alta capacidade VG-2.1 de Monforte; á LU-933 neste mesmo concello e á LU-546 (vía que conecta Nadela con Monforte) ao seu paso polos termos municipais do Corgo, Láncara, O Páramo e Sarria.

Na VG-2.1 actuarase en toda a lonxitude da vía (2,83 quilómetros) para realizar unha renovación completa da capa de rodaxe na calzada e nas beiravías, cun investimento aproximado de 491.300 euros.

Na LU-933, está previsto mellorar o firme coa extensión dunha nova capa de rodaxe ao longo de cinco quilómetros entre Monforte e Bascós (puntos quilométricos 0,206 a 6,458), incluído o treito urbano dentro da localidade monfortina. Tamén se realizará unha limpeza de gabias e noiros. O orzamento da actuación rolda os 310.200 euros.

Pola súa banda, na LU-546 actuarase nuns 10,7 quilómetros, dende o pq 10,619 ao 21,335. O proxecto contempla o reforzo localizado do firme, mediante a realización de fresados a carril completo e a extensión dunha nova capa de rodaxe en carrís e beiravías. A estes traballos destínanse uns 247.200 euros.

En todas as estradas está previsto completar as actuacións de mellora do firme coa  execución posterior de tarefas de reposición e renovación da sinalización horizontal e balizamento.As empresas interesadas en presentar as súas ofertas poden facelo ata o día 30 de marzo. O  departamento de Infraestruturas prevé que no vindeiro verán poidan comezar as obras, que teñen un prazo de execución de seis meses.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...