HomesociedadeActividades en Bóveda para celebrar o 8M

Actividades en Bóveda para celebrar o 8M

O Concello de Bóveda organiza diferentes actividades para conmemorar o 8 de marzo, Día Internacional da Muller. Obradoiros, exposicións e proxeccións compoñen a programación que comeza o día 6 de marzo.

Publicado o

- Advertisement -

O venres 6 de marzo celebrarase o obradoiro ‘Ilustración con teas. Arte e igualdade’ pensado para nenos e nenas de 4 a 12 anos. Será ás 15:30 horas no Centro Sociocultural. Esta actividade enmárcase no Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero. Tamén o venres de 17:30 a 19:00 proxectarase ‘Figuras ocultas’ de Theodore Melfie baseada nunha historia de tres mulleres matemáticas afroamericanas que nos anos 60 traballaron para a NASA e participaron activamente na carreira espacial mentres loitaban polos dereitos civís da xente de cor.

O luns 9 de marzo inaugurarase a exposición bibliográfica ‘Muller e feminismo na Biblioteca de Bóveda’. Este mesmo día O Concello de Bóveda vai participar no acto de entrega do conto ‘Inés Fernández, unha muller para o oito de marzo’ organizado polo CIM e o colectivo Lemos Le no Centro Cívico de Monforte. Os alumnos de 5º e 6º do Colexio Público Rosalía de Castro participaron na ilustración do volume.

Por último, o xoves 12 de marzo ás 16:30 horas na ocioteca levarase a cabo a confección dun mural colectivo ‘A mirada de xénero desde a educación infantil’.

O alcalde de Bóveda, José Manuel Arias, destaca que todas as actividades están encamiñadas a concienciar sobre a importancia da igualdade, polo que están dirixidas a todos os públicos desde a infancia á idade adulta. Todas elas se levarán a cabo no Centro Sociocultural de Bóveda, agás a do Centro Cívico de Monforte.

ÚLTIMAS

Campaña promocional da IXP Pataca de Galicia con premios que consisten en experiencias na Ribeira Sacra

A IXP Pataca de Galicia vén de poñer en marcha a súa campaña de...

Lucía Pérez pregoará o 14 de marzo o II Cocido Gourmet Porco Celta do Incio

A cantante do Incio, Lucía Pérez, será a pregoeira da segunda edición do Cocido...

Ana Torrado do IES Río Cabe participa no programa Allá tú

Ana Torrado Martínez, alumna do Ciclo Superior de Aloxamentos Turísticos do IES Río Cabe,...

O 2 de marzo comeza a reparación da sillería da Ponte Medieval de Monforte

Trala obtención dos correspondentes permisos por parte da Dirección Xeral de Patrimonio e da...