HomesociedadeO Incio ensina o día 11 as obras de restauración da igrexa...

O Incio ensina o día 11 as obras de restauración da igrexa de Cruz do Incio

A Xunta de Galicia e o Concello do Incio organizan, para o vindeiro 11 de marzo, unha xornada técnica de portas abertas sobre as obras de restauración da igrexa de Santa Cruz do Incio. Os interesados e interesadas en coñecer os traballos que se están a levar a cabo poden participar neste acto aberto ao público entre as 12:00 e as 14:00 horas.

Publicado o

- Advertisement -

O Goberno galego e o municipal promoven esta iniciativa dirixida a dar conta da remodelación integral deste templo relixioso, considerado de grande interese histórico, arquitectónico e cultural, por canto representa un dos proxectos máis singulares deseñados por un dos máis afamados arquitectos do século XX, .

A intervención na igrexa supón melloras tanto no interior como no exterior do templo, así como en todas as súas características estruturais. Estanse a realizar tarefas de reposición e mantemento, relevo da lousa, introducindo unha serie de capas intermedias illantes que melloren as condiciones térmicas e de confort. Igualmente, estanse acometendo labores de saneamento para resolver o problema das humidades procedentes do exterior. No acceso procederase á eliminación de barreiras arquitectónicas.

Tamén se prevé rematar partes da obra que quedaron sen finalizar, tras a súa inauguración en 1963, como é o caso do interior da torre do campanario. Ata o de agora dispuña dunhas escaleiras metálicas, configuradas como solución provisional, pouco funcionais, que serán substituídas.

O proxecto de restauración pretende ademais recuperar a monumentalidade e a esencia orixinal da igrexa. Para elo, actuarase sobre o estado das carpinterías e pavimentos, entre outros traballos. Tamén se proxecta a mellora integral do sistema eléctrico do edificio. As obras financiadas pola Consellería de Cultura e Turismo e adxudicadas a Resconsa contan cun orzamento de 128.947,44 euros e está previsto que rematen nas vindeiras semanas.

Igrexa Cuz de Incio / Concello do Incio

ÚLTIMAS

A asociación ‘Chantada contra o cancro’ anima a inscribirse na súa andaina solidaria

Conta atrás para a andaina solidaria que organiza dende hai 5 anos a 'Asociación...

O 5 de novembro Monforte inicia campaña para a mellora de xestión de residuos

O Concello de Monforte inicia esta semana unha campaña informativa entre a cidadanía de...

Os polos de emprendemento da provincia recibirán 650.000€ da Xunta o vindeiro ano

Os polos de emprendemento da provincia atenderon desde a súa posta en funcionamento, hai...

Alumnado dos Escolapios de Monforte visita a Casa Consistorial

Os escolares tiveron a oportunidade de coñecer as instalacións municipais e o Salón de...