HomesociedadeMáis de 500 gaiteiros abrirán a Feira do Viño de Quiroga

Máis de 500 gaiteiros abrirán a Feira do Viño de Quiroga

Unha nova edición do Certame Celtibérico de Bandas de Gaitas abrirá ás actividades previstas para a XXXVIII Feira do Viño que terá lugar o 11 e 12 de abril, coa participación de 20 bandas e máis de 500 gaiteiros.

Publicado o

- Advertisement -

Nesta edición da Feira do Viño de Quiroga uniranse, por primeira vez; adegueiros artesanais, como foi ata o de agora, con adegueiros industriais da subzona Quiroga – Bibei. Estase á espera de saber o número de colleiteiros interesados en participar nesta edición.

Fixouse a data do 28 de marzo como o día no que os membros da Confraría do Viño de Quiroga realicen a cata dos viños participantes, viños que uns días antes entregarán as mostras para o seu envío a un laboratorio onde serán analizados.

Outra das novidades serán os cataviños da Denominación de Orixe Ribeira Sacra, que servirán para todas as casetas. Para facilitar a súa limpeza colocaranse na rúa, billas para poder lavalos cando se precise. Entre as actividades que preceden á Feira do Viño, Quiroga ofrece a semana do Quiroga de Tapas, do 2 ao 10 de abril, ou a Carreira Popular que se desenvolverá o Venres Santo.

ÚLTIMAS

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...