HomesociedadeRehabilitación da estrada Monforte, Rozavales, A Pobra do Brollón

Rehabilitación da estrada Monforte, Rozavales, A Pobra do Brollón

A Deputación de Lugo traballa estes días en Monforte de Lemos, na rehabilitación das estradas que conectan o núcleo da vila con Rozavales e coa Pobra do Brollón. Unhas actuacións nas que se invisten 264.000€.

Publicado o

- Advertisement -

Os traballos desenvólvense en preto de 7,5 quilómetros no treito que une Monforte con Vilachá-Rozavales, seguindo un itinerario en forma de T. En concreto, na LU-P-3203, melloraranse 6 quilómetros, entre os puntos 6,030 e 11,997. Ademais, farase outra intervención na LU-P-4702, entre Vilachá e a Estación da Pobra do Brollón. Neste caso, é un quilómetro e medio, entre os puntos 1 e 2,4.

“Son unhas obras que suporán unha mellora importante na seguridade viaria e na comodidade dos condutores nunha estrada de moita importancia social, pois conecta o núcleo de Rozabales coa cidade de Monforte, polo que é a vía de acceso para toda a veciñanza desa zona para ir a Monforte a diario para o seu traballo, compras ou xestións”, explica o Presidente da Deputación.

As obras quedarán rematadas nunha semana e consisten na reapertura e limpeza de cunetas, a mellora da drenaxe da vía para garantir a súa maior durabilidade, a pavimentación e a sinalización horizontal.

ÚLTIMAS

O Club Quixós de piragüismo remata a tempada cun segundo posto no Campionato Galego de Promoción Slálom

O Campionato Galego de Promoción Slálom contou esta mañá en terras pontevedresas con 51...

Un incendio en Ribas de Sil calcina unha superficie de tres hectáreas

Ribas de Sil rexistrou esta tarde un incendio forestal que calcinou unha superficie de...

Sorteo de prazas do Programa Activa Monforte o 14 de outubro

O sorteo público de prazas do Programa Activa 2026-2027 que se celebrará o vindeirmércores...

O 17 de outubro “Vémonos no Camiño” percorrerá o treito entre Pantón e Belesar

A andaina comezará ás 10:00 horas no Mosteiro de Ferreira de Pantón, nunha xornada...