HomesociedadeCancelado o Esmorga Fest ás portas da súa celebración

Cancelado o Esmorga Fest ás portas da súa celebración

A organización do festival fixo público un comunicado oficial no que se informa do aprazamento temporal desta cita anual coa música alternativa na localidade de Sarria. A crise do coronavirus tamén afecta a servizos e eventos próximos do concello.

Publicado o

- Advertisement -

Segundo fan saber os organizadores, tras os acontecementos por todos coñecidos, en consenso co Concello de Sarria e seguindo as recomendacións da Consellería de Sanidade da Xunta, tomouse a decisión de adiar o Esmorga Fest 2020.

Láianse da situación por todo o esforzo e ilusión que levan posto no evento ata este momento e anuncian que en vindeiras datas ofrecerase información rigorosa para poder solicitar a devolución das entradas -unhas 750 vendidas-.

Así mesmo avanzan que seguirán traballando para que esta edición poida realizarse en futuras datas e esta cancelación non supoña un prexuízo económico irreparable para a continuidade deste festival independente de música alternativa, un referente xa a nivel de Galicia. Os organizadores valoran tamén un posible crowfunding para facer fornte ás perdas que se xerarán polo adiamento.

Outros peches e cancelacións en Sarria

A crise do Coronavirus levou a pechar tamén todos os servizos sarrianos, agás o concello, instalacións deportivas, centros de maiores, biblioteca, casa da cultura, escola de música.

O certame de Cantos de Taberna, programado para o vindeiro 28 de marzo, tamén queda suspendido á espera tamén de posible data futura para a súa realización.

Cartel co aviso de “Aprazado!”

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...