HomesociedadeQuiroga acolle en maio o I Congreso Internacional do seu Aceite

Quiroga acolle en maio o I Congreso Internacional do seu Aceite

Os días 22 e 23 de maio celébrase o I Congreso Internacional do Aceite de Quiroga no que importantes autoridades mundiais do mundo do aceite divulgarán as singularidades do aceite de oliva de produción local. E o día 24 celebrarase a XX Mostra do Aceite nas inmediacións do muíño de Bendilló.

Publicado o

- Advertisement -

Durante os dous días do Congreso Internacional tratarase sobre a historia e a cultura da oliveira na comarca, sobre o rexistro de variedades, análises sensoriais e químicos e dos beneficios do aceite de oliva virxe extra para a saúde. Para rematar falando sobre a elaboración e a comercialización do Aceite de Oliva Virxe Extra.

O Concello de Quiroga que segue traballando para acadar etiquetaxe de biosaudable e ecolóxico, ademais de buscar a súa Denominación de Orixe, quixo que a este primeiro Congreso Internacional acudisen todos aqueles expertos  que participaron nos moitos estudos que se realizaron. Os estudos concluían que se trata dun aceite de oliva virxe, excepcional, dende o punto de vista saudable, polo seu contido en polifenoles, como o testemuña a análise realizada polo Departamento de Química Analítica da Universidade de Córdoba, un dos laboratorios máis recoñecidos a nivel mundial.

A venda de aceite elaborado en Quiroga e a representación da elaboración tradicional do aceite no muíño de Bendilló na XX Mostra do Aceite poñerá o colofón a estas xornadas dedicadas a un dos produtos máis importantes do municipio, xunto co viño.

Aceite recén feito no muíño de Miguel Ángel en Figueiredo. Foto: XMF

ÚLTIMAS

O concello de Ribas de Sil asina convenio coa Deputación para nove actuacións

O convenio recolle entre outras obras, a renovación do alumeado público na Rúa Antonio...

‘Escoba de Platino 2026’ para o Concello de Monforte

O Concello de Monforte presume de 'Escoba de Platino', un galardón outorgado pola Asociación...

Campo de voluntariado no Incio para poñer en valor Trascastro, A Ferrería e Hospital

O campo de voluntariado está promovido polo Concello do Incio, conta coa colaboración de...

O 30 de maio festa romana en Proendos coa celebración da I Floralia para poñer en valor este xacemento

A celebración toma o nome das antigas 'floralias', as festas romanas dedicadas á exaltación...