HomesociedadeMedidas para afrontar a crise sanitaria na Pobra do Brollón

Medidas para afrontar a crise sanitaria na Pobra do Brollón

O goberno da Pobra do Brollón reuníase este luns con traballadores de Servizos Sociais e da administración municipal e cun representante sindical pola CIG para establecer novas medidas coas que afrontar a crise sanitaria xerada por mor do coronavirus.

Publicado o

- Advertisement -

Debido á situación de emerxencia sanitaria, suspéndense a maioría da actividade do Concello. A meirande parte dos esforzos centraranse nos Servizos Sociais mentres dure a crise. ‘A nosa prioridade absoluta é a saúde pública. Durante o tempo que dure esta crise, imos poñer todos os nosos esforzos en colaborar para frear a curva de contaxio do coronavirus. Debemos actuar todos e todas como unha gran comunidade’ declarou o alcalde Xosé Lois Maceda

No que respecta aos Servizos Sociais municipais, mantense a atención a domicilio completo dun 42% dos usuarios: os casos máis graves de persoas moi dependentes ou sen apoio familiar. Un 24% dos usuarios seguirá recibindo asistencia, pero con menos intensidade, e un 34% deixarán de recibir asistencia ata que a crise sanitaria amaine.

A redución de atención ao domicilio faise para evitar no posible contaxios do virus. En todo caso, as catorce traballadoras que actualmente atenden a domicilio reforzarán as medidas de hixiene cumprindo coas recomendacións establecidas, entre elas, o uso de luvas e máscaras.

En canto a atención presencial nas oficinas de Servizos Sociais, esta debe realizarse só nos casos máis urxentes. Para o resto de consultas, prégase que se contacte por teléfono ou por internet (Teléfono 982 430 001 concellodapobradobrollon.gal).  O persoal de oficina fará quendas de traballo, seguindo as recomendacións xerais de evitar espazos compartidos fóra da casa.

Asemade, o Concello lanza a consigna de evitar que as persoas en grupos de risco saian da casa. Nesta liña, ponse a disposición destas persoas un servizo de entrega a domicilio de produtos de primeira necesidade – alimentos e medicamentos – en colaboración cos negocios locais. Para usar este servizo, as persoas interesadas deben contactar directamente coas farmacias (Cristina Touza e Mercedes Pardo) e tendas de alimentación (supermercado Ana, supermercado Roelma e supermercado Pepita da Estación), e eles encargaranse de contactar co Concello para xestionar a entrega.

Precaución máxima nas oficinas municipais

Entre os traballadores das oficinas municipais tamén se fomentará o teletraballo. Como xa anunciou o goberno municipal a semana pasada, os servizos municipais de xestión catastral e atención ao público do arquitecto municipal están suspendidos. A atención ao público mantense no horario habitual, aínda que os cidadáns que acudan deben manter unha distancia mínima ao posto de traballo de 1,5 metros, e evitar tocar as mesas e mostradores das oficinas.

En todo caso, prégase que dentro do posible se intente facer as xestións vía telefónica, email ou na Sede Electrónica do Concello.

ÚLTIMAS

Xornada de formación ambiental e pesca responsable en Monforte

A cidade de Monforte acolleu unha interesante xornada formativa sobre medioambiente e pesca responsable...

O BNG demanda explicacións á Xunta polo proxecto da planta de almacenaxe de enerxía en Pesqueiras

O deputado do BNG no Parlamento galego, Iago Suárez, manifesta "preocupación e inquietude" polo...

Do 17 ao 19 de abril, Foro Rural Sustentable en Castro Caldelas

A IV edición do Foro Rural Sustentable, este ano con sede en Castro Caldelas,...

Monforte destina 7.500€/ano ao control de pombas domésticas no municipio

A Xunta de Goberno Local aprobou esta semana o inicio do procedemento de licitación....