HomesociedadeHoteis de Monforte e Sarria como aloxamentos de garda

Hoteis de Monforte e Sarria como aloxamentos de garda

11 aloxamentos de garda dispoñibles en 8 municipios lucenses: Lugo cidade, Ribadeo, Viveiro, Monforte, Vilalba, Sarria, Portomarín e Burela, coa crise do coronavirus.

Publicado o

- Advertisement -

11 hoteis da provincia de Lugo colaboran coa Xunta para crear aloxamentos de garda na crise co coronavirus. Trátase, segundo o delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro, de habitacións a disposición de persoas que poidan verse afectadas polo peche dos hoteis que decretou o Goberno central como consecuencia da crise do coronavirus. “Estes aloxamentos diríxense a traballadores desprazados con residencia noutros lugares que estean a prestar servizos esenciais, como persoal sanitario ou de residencias, operarios de obras públicas, colectivos en situacións de especial vulnerabilidade social como vítimas de violencia de xénero”, informa.

Na web da Xunta e de Turismo de Galicia cóntase co listado completo por cada provincia, que se actualiza en función das circunstancias.

https://www.turismo.gal/covid19

Para a xestión de reservas e dúbidas sobre aloxamento, están dispoñibles o teléfono 986 44 70 60 e o enderezo mice@abramar.com da empresa especializada Viajes Abramar, encargada de dar soporte nestas semanas á demanda aloxativa.

Hai aloxamentos dispoñibles en 8 municipios lucenses: Lugo cidade (2), Ribadeo (2), Viveiro, Monforte de Lemos (2), Vilalba, Sarria, Portomarín e Burela. “Todos prestan a súa colaboración voluntariamente e adoptarán todas as medidas de seguridade e hixiene sanitaria oportunas, segundo apuntou o delegado territorial,” sinala Balseiro.

 

ÚLTIMAS

A Escudería Chantada informa da suspensión da 52 edición da Subida

Aseguran desde a Escudería que non se dan as condicións óptimas para reunir o...

Un novo cineclub en Monforte reforzará a oferta audiovisual e cultural da cidade

As proxeccións terán lugar todos os venres ás 20.00h no Ateneo Casino de Monforte...

Taller de Subvencións para Emprender e para Empresas Galegas, o 28 de xaneiro online

Durante o taller daranse a coñecer a subvencións para promover e apoiar ás persoas...

“Os maragatos da Porta de San Pedro”, a exposición na Casa da Cultura de Chantada ata o 29 de xaneiro

Compoñen a mostra 12 paneis en galego e castelán que recollen a historia da...