Home sociedade A provincia aumenta en 79 os casos activos de coronavirus

A provincia aumenta en 79 os casos activos de coronavirus

0
A provincia aumenta en 79 os casos activos de coronavirus
Sanitaria atende a unha paciente de coronavirus (imaxe de arquivo). EFE

A xornada do venres, 27 de marzo, deixa un total de 219 casos activos por coronavirus na provincia de Lugo, que onte sumaba 79 casos aos 140 que xa tiña. Dos 219 casos, 10 están na UCI, 4 no Hospital Público da Mariña e 6 no Hula, en Lugo.

A maiores, 43 persoas están en hospitalización, 5 máis ca onte; 6 deles no Hospital Público da Mariña, 4 no Hospital Público de Monforte, e o resto no  HULA. O incremento de casos confirmados non aumenta significativamente as persoas hospitalizadas, pero si o número de afectados que está no seu domicilio. Onte pasábase de 94 a 166. Un incremento importante que pode deberse a ter comezado recentemente coa realización de test rápidos.

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade contabiliza 2.627 casos en activo en toda Galicia: 633 na área de Vigo, 597 na Coruña, 454 en Santiago, 371 en Ourense, 290 en Pontevedra e 63 en Ferrol.

O aumento de persoas contaxiadas do venres ao sábado é de 416 persoas, mentres que o crecemento que se deu do xoves ao venres era de 379 diagnósticos. Isto supón que o número de novos contaxios por día aumentou un 9,7%. Galicia leva 95 persoas dadas de alta e 50 falecidos durante esta pandemia, que afecta o conxunto da Península na que xa se rexistran 72.248 casos.

 

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here