HomesociedadeO comercio local premia que o botes en falta

O comercio local premia que o botes en falta

1.350 euros en 27 vales de compra para impulsar o comercio de proximidade, que une aos distintos centros comerciais abertos e urbanos, nunha asociación de ámbito galego. A campaña desevólvese ata o 12 de abril.

Publicado o

- Advertisement -

A Asociación Galega de Xerentes de centros comerciais abertos e urbanos de Galicia, neste caso, a través do Centro Comercial Urbano de Sarria- ACES, pon en marcha, desde o 1 ao 12 de abril, unha campaña de promoción comercial denominada, “A MORRIÑA NON TEN BRAZOS PERO APERTA O CORAZÓN“, cos obxectivos de:

  1. Dar a coñecer esta nova asociación formada polos xerentes de Centros Comerciais Abertos e Urbanos de Galicia.
  2. Recordar aos  clientes que o comercio local está ao seu carón, nestes momentos duros e seguirá estando cando se venza ao Covid-19.
  3. Premiar a fidelidade dos clientes do comercio de proximidade, transmitindo unha imaxe de unidade.

Para participar nesta campaña os interesados deberán acceder á conta de facebook da Asociación e buscar o post do concurso. Para participar ahi que compartir o post de maneira pública, facer un comentario indicando o que se bota en falta do comercio local cun texto, debuxo, foto ou video e inidicar a poboación onde lles gustaría comprar, no caso de gañar un dos vales compra.

Os participantes entrarán no sorteo de 27 vales compra de 50€, un por cada CCA/CCU que participe na campaña, que se poderán gastar nos establecementos asociados. Póñense en xogo 1.350 €.

ÚLTIMAS

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...