HomesociedadeTomé quere levar a desinfección da UME ao poboado xitano das Lamas...

Tomé quere levar a desinfección da UME ao poboado xitano das Lamas e á residencia de Prodeme

O concello de Monforte engade ás localizacións de intervención da UME na cidade, o Poboado Xitano das Lamas e a Residencia “Abrente” que atende a persoas con discapacidade, xestionada pola Asociación Prodeme.

Publicado o

- Advertisement -

O 1 de abril, o Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, solicitaba á Subdelegación do Goberno, unha nova intervención da Unidade Militar de Emerxencias (UME), co obxectivo de que dita unidade volvese a realizar labores de desinfección nos principais lugares públicos de concentración de persoas da cidade, en especial, trala aparición dun novo positivo por coronavirus na residencia Geriatros, no Morín.

O concello engade a esa solicitude, o Poboado Xitano ubicado na zona das Lamas, xunto ó campo da feira, e a Residencia “Abrente” que atende a persoas con discapacidade, xestionada pola Asociación Prodeme, que está ubicada tamén na zona de “As Lamas”, próxima ao Poboado Xitano”. O obxectivo desta nova petición de intervención non é outro que volver a desinfectar zonas e lugares da cidade nos que se concentran persoas que forman parte de colectivos de especial risco ante este virus.

Tomé Roca lembra, que a maiores destas medidas, “dende o Concello, a través da empresa FCC, encargada da recollida do lixo e da limpeza viaria da cidade, seguimos levando a cabo labores diarias de desinfección, prestando especial atención á desinfección de rúas, papeleiras, contedores, farolas, mobiliario urbano así como en espazos de uso público como poden ser os exteriores de farmacias, supermercados, panaderías ou a Praza de Abastos, a fin de evitar a propagación deste virus COVID-19”.

Limpeza Monforte Covid19 / XdL

ÚLTIMAS

‘Xénese dun paiaso’ espectáculo do Mago Brandan en Sarria

O Mago Brandan ofrecerá once representacións do seu novo espectáculo “Xénese dun paiaso” do 1 ao...

A Cabalgata de Reis de Monforte comezará ás 18:30 en Doutor López Suárez

A chegada das Súas Maxestades a esta pista, está prevista ás 17.30h para que...