Homesociedade4 casos activos de covid19 na Domusvi de Bóveda e duplícanse os...

4 casos activos de covid19 na Domusvi de Bóveda e duplícanse os casos na residencia de Castro Caldelas

Aumentan os casos activos na residencia de Castro Caldelas, que duplica os usuarios infectados, contabilizando 16 e tamén os traballadores, que son 6. A residencia para persoas con discapacidade de Bóveda entra na lista de centros con Covid19 ao confirmarse dous casos positivos en traballadores e outros dous en usuarios.

Publicado o

- Advertisement -

Os casos activos nas residencias de anciáns da zona sur da provincia non aumentaban nos últimos días; pero os últimos datos oficiais dan un aumento importante de casos na residencia de Castro Caldelas, que pasa de 7 casos activos nos usuarios, a 16 ademais dunha persoa falecida. Tamén se confirmaron neste centro 3 novos traballadores con Covid19, que se suman aos 3 que xa tiñan confirmados. O resto de residencias de anciáns do sur de Lugo non ten comunicado ningún novo caso.

Nos centros para persoas con dicapacidade pasa a sumarse aos centros afectados, a Domusvi de Bóveda que onte confirmaba dous traballadores afectados e hoxe informa de dous pacientes infectados. E seguen subindo os casos activos no CAPD de Sarria, que onte sumaba un usuario máis e xa son 8 e hoxe confirmábase o diagnóstico en 3 traballadores máis, contabilizando un total de 14.

Resistiré CAPD Sarria

 

ÚLTIMAS

‘Xornadas Lactouras’: achegamento á micoloxía desde diferentes perspectivas

Conta atrás para as 'Xornadas Lactouras', un ciclo de actividades arredor da micoloxía que...

435.000€ para a mellora da estrada que une Sarria co Polígono do Morelle

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, visitou este martes a zona para comprobar...

A D.O. Ribeira Sacra pecha a campaña con 4.617.965 quilos vendimados

A campaña despídese cun claro protagonismo das variedades tintas con 3.552.736 quilos, coa Mencía...

“Activa a túa vida dixital”, desde este 14 de outubro no CEMIT de Carballedo

Durante tres semanas consecutivas, os usuarios da aula lucense participarán en sesións semanais que...