HomesociedadeVÍDEO: ‘Unidos polo coronavirus’ (Los Jinetes del Trópico)

VÍDEO: ‘Unidos polo coronavirus’ (Los Jinetes del Trópico)

O grupo de música monfortino aproveitou este confinamento para facer unha canción colaborativa con outros músicos/as que lles mandaron vídeos do que estaban facendo nas súas casas nestes tempos de corentena.

Publicado o

- Advertisement -

O título do videoclip é “Unidos por el Coronavirus”, e este foi o resultado:

Aproveitamos para contactar con Antonio García, alias ‘Toñyto’, un dos integrantes da formación, para preguntarlle catro cousas en relación ao grupo.

Tiñades moitos bolos pechados estes meses?

Por sorte ou por desgraza tíñamos programado o inicio de xira que nos ía a levar ata Compostela, Mos, Cambados ou A Coruña, pero o primeiro é a saúde e estamos totalmente comprometidos coa situación actual.

Como facedes para ensaiar?

Nós facemos os nosos ensaios no pobo de Rosende, aínda que previamente producimos todo o noso directo na casa, xa que gran parte do noso concerto contén música electrónica. Nos ensaios adoitamos simular o ambiente que imos atopar no festival ou sala que toque actuar… E para iso sempre temos algo de público e o equipo máis parecido que vaiamos empregar.

A idea de facer o vídeo, por animar e/ou pasar o tempo?

Fixemos o videoclip porque tíñamos a canción feita… Realmente esta situación inspirounos e estamos a producir moito material novo con todas as horas libres que temos. Por outra banda tíñamos a canción lista, pero faltábanos a imaxe. Como non podiamos saír, pensamos que era boa idea facer un chamamento para que a xente participara. E realmente quedamos abraiados co retorno, pois foron máis de 60 vídeos en 48 horas os que recibimos para elaborar esta peza.

“Realmente esta situación inspirounos e estamos a producir moito material novo con todas as horas libres que temos”

Como vedes o futuro próximo? E o non tan próximo?

O futuro próximo vémolo recuperando os concertos que perdemos e repartindo ledicia ao noso público. O futuro non tan próximo vémolo exactamente igual… Tocando…gravando, producindo…sexa como sexa pero sempre con música.

 

ÚLTIMAS

Chantada quere Sanidade denuncia o colapso do centro de saúde “con 2 médicos para 8.000 persoas”

Chantada quere Sanidade denuncia que "a falta de previsión e unha xestión deficiente por...

O 5 de decembro ás 18:30h Monforte acende o alumeado de Nadal

O rexedor, José Tomé, presentou o dispositivo do alumeado deste Nadal que terá o...

O programa ‘Lugo Termal’, da Deputación de Lugo, abre prazo de inscricións

A alta demanda que rexistra nos últimos anos o programa Lugo Termal, fará que...

Gran final de tempada para o Club Quixós de piragüismo

O club Quixós de Piragüismo vén de rematar a tempada cunha exitosa participación no...