HomesociedadeNaturgy inviste 180.000 en obras de reelectrificación en Sober

Naturgy inviste 180.000 en obras de reelectrificación en Sober

A compañía eléctrica Naturgy comezou esta mesma semana unhas importantes obras de reelectrificación na parroquia soberina de Bolmente.

Publicado o

- Advertisement -

A empresa comezou esta mesma semana coa construción dun centro de transformación no lugar de Cimadevila, en concreto da liña de media tensión e de baixa tensión, que afectará á practica totalidade da parroquia de Bolmente e a unha parte da parroquia de Figueiroá e da parroquia de Barantes.

Esta mellora supón un investimento aproximado de 180.000 euros e vai mellorar o subministro eléctrico desa zona do Concello, o que traerá consigo que non se repitan as baixadas de tensión que ás veces se producían.

O Concello de Sober agradece o importante investimento que fai a compañía eléctrica na renovación da liña nestas parroquias, que é continuación doutras melloras que xa se fixeron en anos anteriores noutros puntos da localidade.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...