HomesociedadeAusencia de Covid19 na residencia do Malecón e a de Castro Caldelas...

Ausencia de Covid19 na residencia do Malecón e a de Castro Caldelas dá 9 altas

Publicado o

- Advertisement -

Os últimos datos de casos activos nas residencias de anciáns do sur da provincia mantéñense estables. A esta situación engádese que se comezan a coñecer os resultados das probas feitas nestes centros e son esperanzadoras, porque seguen sen aparecer novos pacientes confirmados; na residencia do Malecón de Monforte todos os test realizados deron negativo.

Comezan tamén a darse altas e na outra beira do Miño, a residencia de Castro Caldelas que tiña 14 usuarios infectados e 9 traballadores, este venres 17 de abril ten 5 usuarios e 9 traballadores, deron a alta a 9 usuarios. Mentres a nivel galego segue subindo a porcentaxe de maiores falecidos en residencias.

O Hospital Comarcal de Monforte segue sen pacientes hospitalizados por Covid19, mentres na provincia se conta con 591 casos activos, un menos ca onte. Na UCI atópanse 8 pacientes, un menos ca onte, 2 na Mariña e 6 no HULA. 36 persoas están en hospitalización por Covid19, dous menos ca onte. A provincia conta con 547 casos activos facendo confinamento a domicilio.

ÚLTIMAS

O CC Ponte Vella convida a gozar dun atractivo e amplo programa de actividades de Nadal

O Centro Comercial Ponte Vella de Ourense presenta un amplo e atractivo programa de...

A igrexa de Santa María de Nogueira, en Chantada, estrea mellora da contorna

O Concello de Chantada vén de rematar o acondicionamento da contorna da igrexa de...

Xornada sobre subvencións para empresas, este 16 de decembro no Centro do Viño da Ribeira Sacra

A Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next centra a actividade en seguir dotando de...

Monforte convida a mercar e divertirse no seu Mercado de Nadal

Chega unha nova edición do Mercado de Nadal de Monforte. Será os días 20...