Homesociedade72.000 mascarillas para persoal propio e veciñanza do concello de Monforte

72.000 mascarillas para persoal propio e veciñanza do concello de Monforte

Unha vez recibido a totalidade das mascarillas, o Concello vai establecer un sistema de reparto de 3 mascarillas por veciño censado no Concello.

Publicado o

- Advertisement -

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, informa de que o Concello realizou un pedido de 72.000 mascarillas quirúrxicas de protección fronte ó COVID-19, facendo un encargo o día 13 de abril e seguintes, mediante trámite de emerxencia deste subministro de mascarillas por un importe duns 55.000 euros con fondos propios do Concello, realizando este pedido a diversas empresas para poder acopiar a totalidade desta cantidade de elementos de protección nun prazo aproximado de entre 10 e 15 días, aínda que se van ir recibindo cantidades parciais con anterioridade.

O mandatario municipal explica que se compra este material “nun mercado moi convulso e con escaseza de mascarillas”. Tamén quere repartir a todos os veciños de Monforte mascarillas para que se sintan protexidos e poidan tomar as medidas de proteccións con estes materiais que fan de barreira para non contaxiarse.

Unha vez recibido a totalidade das mascarillas, o Concello vai establecer un sistema de reparto de 3 mascarillas por veciño censado no Concello. A mecánica do reparto será dada a coñecer publicamente para coñecemento de todos os veciños e veciñas de Monforte que estean censados no Padrón de habitantes, co obxectivo de evitar picarescas e para que todos teñan as mesmas oportunidades no reparto das citadas mascarillas, sendo deste xeito o Concello que máis elementos de protección entrega de xeito individual ós seus cidadáns.

Se fose necesario, o Concello tamén surtirá de mascarillas en caso necesario a empresas, asociacións ou sectores económicos que poidan ter necesidades puntuais para facilitar as súas actividades con normalidade.

ÚLTIMAS

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...