HomesociedadeO Incio imprime e entrega a domicilio as tarefas do alumnado

O Incio imprime e entrega a domicilio as tarefas do alumnado

O Concello do Incio colabora co CEIP Ricardo Gasset da localidade imprimindo gratis e entregando a domicilio as tarefas do alumnado. O reparto do material faise todos os luns mentres dure o confinamento.

Publicado o

- Advertisement -

O persoal do colexio remitiralle ao Concello do Incio a documentación que precisan os nenos e nenas para realizar os seus traballos e o Goberno local encárgase de imprimilos e repartilos a domicilio.

O persoal municipal será o encargado de entregar o material directamente nas casas do alumnado todos os luns mentres dure o confinamento. O servizo está pensado especialmente para aquel alumnado que non dispoña de impresora nas súas casas, polo que desta maneira se lle facilita o acceso ao material para seguir facendo as actividades escolares.

O alcalde, Héctor Corujo, amosa a súa disposición a colaborar co CEIP e coas familias “en todo aquelo que o Concello poida ser de axuda”.

ÚLTIMAS

Doc Magoo’s: 25 anos de Rock and Roll

A banda de rocanrol Doc Magoo's percorreu un longo camiño desde os seus inicios...

Este 7 de xullo péchase a zona de xogos do Parque da Compañía

A primeira hora da mañá deste luns, 7 de xullo, procederase á realización de...

A campaña ‘Merca no teu comercio’ chega á Comarca de Quiroga

'Merca no teu comercio' chega aos concellos de Quiroga, Ribas de Sil e Folgoso...

Extinguido o incendio de Monforte que afectou a Seoane e San Xiao de Tor

A Consellería do Medio Rural deu por extinguido un incendio no municipio de Monforte...