- Advertisement -
Nos centros do sur da provincia, de atención a persoas con discapacidade, a Domusvi de Bóveda comunica a recuperación de 4 usuarios. Nas residencias de anciáns recupérase a un traballador da residencia de Castro Caldelas e 2 traballadores da Domusvi de Monforte, que deste modo que sen ningún caso acivo na residencia.
A residencia de Castro Caldelas quédase así con 4 usuarios e 7 traballadores infectados e na Domusvi de Bóvesa mantéñsense os casos activos de 13 usuarios e 9 traballadores.
Este domingo, a provincia conta con 662 casos activos de coronavirus, igual ca onte. 7 pacientes están na UCI, 2 menos ca onte; 2 na Mariña e 5 no HULA. Cóntase con 24 persoas en hospitalización, 2 máis ca onte (3 na Mariña, 12 na Virxe dos ollos Grandes e o resto no HULA). 631 casos activos están en domicilio, igual ca onte.
O Hospital Comarcal de Monforte segue sen novos ingresos por Covid19 desde o pasado día 22. Lévanse producido na provincia 26 falecementos e 129 altas por coronavirus, os mesmos datos de onte.