Este luns, 27 de abril, púxose en marcha o operativo mediante o que se repartirán nos vindeiros días, tanto na cidade de Monforte como nas parroquias que pertencen a este Concello, as 70.000 primeiras máscaras sanitarias, co obxectivo de facilitar novas medidas de prevención e contención do Covid-19.
Na reunión desta mañá déronse a coñecer ás instrucións a seguir por parte do equipo de reparto á hora de entregar as correspondentes máscaras á cidadanía. Aínda que inicialmente valorouse comezar o reparto seguindo a orde alfabética das rúas, finalmente decidiuse levar a cabo un reparto por zonas estratéxicas da cidade, coa finalidade de conseguir un reparto máis efectivo e rápido. Deste xeito, asignouse a cada traballador municipal encargado do reparto un número de rúas e habitantes concreto, seguindo criterios de proximidade zonal entre rúas e abarcando así de modo simultáneo todas as zonas da cidade así como as parroquias.
O protocolo previo á entrega de 3 máscaras asignadas a cada persoa censada contempla unha comprobación inicial por domicilio dos datos de cada veciño a fin de confirmar a súa inclusión no Padrón Municipal.
Nesta xuntanza, cada persoa encargada do reparto, foi dotada de diversas medidas de protección necesarias para non poñer en risco nin a súa saúde nin a da cidadanía. A tal efecto, os equipos de protección (EPI’s) entregados están compostos de buzos, mascarillas homologadas, pantallas faciais de protección, luvas e solución hidroalcohólica.
Ás 9:30 horas deu comezo o operativo de reparto que terá horario de 9:30 a 14:00 horas e de 17:00 a 20:00 horas.