HomesociedadeSober e O Saviñao sen coronavirus nas súas residencias

Sober e O Saviñao sen coronavirus nas súas residencias

Tanto os residentes coma os traballadores das residencia do Saviñao e Sober deron negativo nas probas PCR realizas polo Sergas para detectar o Covid-19.

Publicado o

- Advertisement -

Carlos Armesto, alcalde do Saviñao, amosa a súa satisfacción con estes resutados e lembra a tódolos veciños e veciñas “a necesidade de continuar a respectar as medidas de prevención recomendadas polas autoridades sanitarias” e asegura que “dende o Concello seguimos traballando para paliar os efectos desta crise sanitaria”.

O rexedor local puxo en valor “o valioso material de protección que o goberno galego ten doado tanto ao Concello coma ás vivendas comunitarias do noso termo municipal. Os EPIs son fundamentais para minimizar o risco de contaxio”. 2.300 guantes, 1196 máscaras, 28 traxes antisalpicaduras, 16 botes de hidroxel e 15 litros de lixivia que a administración local ten recibido e distribuído entre os seus traballadores e as auxiliares do servizo de axuda a domicilio (SAF).

A doazón de material por parte da Xunta dirixido ás vivendas comunitarias do municipio alcanza, no seu caso, os 1.000 guantes, as 708 máscaras, 3 litros de xel hidroalcólico, 55 litros de desinfectante, 6 batas de plástico, 3 mandís de plástico e 6 pantallas de protección ocular.

O Concello de Sober felicita a usuarios e traballadores da residencia Virxe do Carme, xa que todos eles deron negativo nas probas de COVID-19 realizadas esta semana.

Residencia Sober / Concello de Sober

 

ÚLTIMAS

A segunda fase da mellora da LU-651 entre Folgoso e Seoane, un dos principais investimentos da Xunta no 2026, aseguran os populares

A deputada do Grupo Popular no Parlamento de Galicia visitaba o municipio xunto á...

Xanela colabora nun módulo de FP do I.E.S. Val do Asma de Chantada

O pasado 29 de outubro o director de Xanela, Iñaki Castiñeira, foi de visita...

A asociación ‘Chantada contra o cancro’ anima a inscribirse na súa andaina solidaria

Conta atrás para a andaina solidaria que organiza dende hai 5 anos a 'Asociación...

O 5 de novembro Monforte inicia campaña para a mellora de xestión de residuos

O Concello de Monforte inicia esta semana unha campaña informativa entre a cidadanía de...