HomesociedadeConde reúnese por videoconferencia cos comerciantes de Monforte, Sarria e Chantada

Conde reúnese por videoconferencia cos comerciantes de Monforte, Sarria e Chantada

A Xunta está a traballar da man do sector comercial para poñer en marcha un plan de reactivación económica neste ámbito, co obxectivo primordial de incentivar que o consumidor acuda ao comercio de proximidade, con xestos e medidas que infundan confianza e impulsen de novo a demanda.

Publicado o

- Advertisement -

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, mantivo este martes, 28 de abril, un encontro por videoconferencia con representantes dos centros comerciais urbanos de Monforte de Lemos, Sarria e Chantada, cos que avaliou diferentes medidas para que o comercio de proximidade poida abrir de novo ao público ofrecendo a máxima confianza aos consumidores.

Na reunión, Conde lembrou que Galicia solicita protocolos claros de actuación a nivel estatal, e defende un modelo de reactivación baseado no mando único e cunha aplicación de acordo ás especificidades dos distintos territorios. Así, desde a Xunta proponse un modelo de apertura flexible e dinámico, baseándose en tres eixes: xeográfico, demográfico e de sectores económicos.

Entre as propostas trasladadas polo Goberno autonómico no ámbito comercial tamén se encontran a apertura da actividade en talleres e concesionarios; a apertura paulatina doutros establecementos comerciais, coas limitacións de aforo ou de cita previa; así como a venda de produtos agrícolas e gandeiros nos mercados municipais ao aire libre.

Búscase tamén que o sector intensifique a súa transformación dixital para, entre outros aspectos, que os negocios teñan a opción de ofrecer os seus servizos e produtos a través de internet e dispoñan de novas canles de venda.

A Administración autonómica activou medidas para beneficiar ao comercio de proximidade, como a liña de financiamento de ata 250 millóns de euros para achegar liquidez a pemes e autónomos, con préstamos de ata 200.000 euros que lles permitan facer fronte aos seus gastos e ás súas obrigas fiscais, e facéndose a Administración autonómica cargo dos xuros. Xunto con isto, aprobáronse outras medidas como aprazar o pagamento de impostos autonómicos ou as cotas dos préstamos outorgados pola Xunta, para aliviar as cargas que, neste momento, afrontan moitos negocios que non están a xerar ingresos.

ÚLTIMAS

Contacontos teatralizado de igualdade este 24 de novembro na casa da cultura de Monforte

O Concello de Monforte, a través da Concellaría de Muller e Igualdade, organiza para...

Se sodes entroideiros podedes apoiar este proxecto: a maior guía visual das máscaras do país

As Escolas de Ensino Galego Semente impulsan unha acción para amosar a nenos e...

O PP pide tomar medidas na apertura da liña Ourense-Lugo e condena a “desconexión” do Goberno de Sánchez coa provincia

O alcalde do concello de Pantón, José Luís Álvarez, trasladou aos deputados do PP...

Gourmet Gallego inaugura a nova tenda de Monforte

A apertura de Gourmet Gallego congregou a numerosos asistentes, entre eles clientes, provedores, amigos,...