HomesociedadeAdeus á caravana de sirenas

Adeus á caravana de sirenas

Ás 20.00 deste martes iniciábase o percorrido da caravana de sirenas que tiña saída e final no Hospital Comarcal de Monforte, para percorrer as principais rúas da cidade. Intercambio de aplausos, luces e sirenas para seguir traballando.

Publicado o

- Advertisement -

Este martes por última vez saía a caravana de sirenas de bombeiros, ambulancias, Policía Nacional, Policía Local, Garda Civil, axentes medioambientais… Os aplausos das 20.00 horas víronse acompañados nalgunhas ocasións por esta caravana que tamén quería agradecer o esforzo de todos cantos seguiron traballando nesta crise sanitaria e de quen está na casa confinado, especialmente os máis cativos.

Agora que os nenos xa poden saír e na fin de semana comezarase a saír a pasear, o confinamento vaise aliviando e este tipo de caravanas suspéndese; polo tanto onte foi a última vez que, que desta volta, soaron as sirenas en Monforte de Lemos.

Ás 20.00 iniciábase o percorrido que tiña saída e final no Hospital Comarcal de Monforte, para percorrer as principais rúas da cidade. Intercambio de aplausos, luces e sirenas para seguir traballando, cando os últimos datos oficiais dan 244 casos activos na provincia de Lugo.

ÚLTIMAS

O equipo de debate de BAC do IES Río Cabe na fase final do Parlamento Xove

O equipo de debate de BAC do IES Río Cabe, integrado por Sabela Castro...

8M en Monforte con presenza do alcalde e sen a oposición

A concentración tivo lugar ás 13.00 horas na Praza da Compañía, diante das Casitas,...

O BNG de Pantón homenaxea no 8M a Cándida Fernández

Durante os próximos meses dende o BNG de Pantón aseguran que seguirán promovendo actos...

O IV Premio da Muller Caldelá foi para Pepita Carballo

Castro Caldelas celebrou o pasado venres 6 de marzo o Día da Muller reivindicando...