HomesociedadeCasos activos na provincia, de 675 a 244 nun día?

Casos activos na provincia, de 675 a 244 nun día?

A provincia conta na actualidade con 244 casos activos de coronavirus, 431 menos ca onte. As altas que se daban aos pacientes en domicilio non se estaban incorporando aos datos oficiais e só se contabilizaban as altas hospitalarias.

Publicado o

- Advertisement -

Os últimos datos oficiais dan 244 casos activos na provincia de Lugo, deles 7 están na UCI, igual ca onte (2 deles na UCI do Hospital Público de A Mariña. Os outros 5 na do HULA). 22 en hospitalización, tres menos ca onte (7 no Hospital Virxe dos Ollos Grandes e o resto no HULA).

O Hospital da Mariña conta con dous pacientes na UCI, pero ningún hospitalizado; e o de Monforte cumple hoxe unha semana sen infectados. 215 persoas pasan o diagnóstico no domicilio; onte eran 643 ao non ter contablizado os datos das altas epidemiolóxicas, datos que agora se comezan a incorporar; de acordo co protocolo establecido desde o Ministerio.

A día de hoxe na provincia lévanse producido 26 falecementos por coronavirus e lévanse rexistrado 842 casos entre falecementos e altas.

Este cambio nos datos da Xunta dispara os pacientes curados en Galicia a 5.393. Os contaxiados deste mércores en Galicia baixan a 3.526.

Nos datos das residencias de anciáns da zona sur non hai novidades e recupérase a dous traballadores da residencia de Castro Caldelas, que agora queda con 4 usuarios infectados. Nos centros de atención a persoas con discapacidade non houbo cambios.

ÚLTIMAS

Chantada celebra o 5 a Cabalgata de Reis e o 6 Carrusel gratuíto

O Carrusel está en funcionamento ata o 5 de xaneiro cun prezo de 2€...

Preto de 80.000€ en  axudas a entidades sociais, culturais, empresariais e veciñais de Monforte

A Xunta de Goberno Local do pasado luns 29 de decembro de 2025 deu...

Cursos de habilidades tecnolóxicas na Pobra do Brollón

A veciñanza da Pobra do Brollón poderá aproveitar a formación 'E para Dixitalizarse, Lugo'...

Proposta da CEG para impulsar o recoñecemento da Ribeira Sacra como Patrimonio da Humanidade

A Confederación de Empresario de Galicia (CEG) promoverá este ano un "foro de reflexión...