Iniciosociedade241 casos activos na provincia con Monforte máis dunha semana sen hospitalizados

241 casos activos na provincia con Monforte máis dunha semana sen hospitalizados

Mércores sen mortes por Covid19 en Galicia mentres a provincia ten este xoves 8 hospitalizados e 4 na UCI. O Hospital Comarcal de Monforte supera xa a semana sen hospitalizados por Covid19.

Publicado o

- Advertisement -

Este xoves, 30 de abril, cóntase con 241 casos activos de coronavirus na provincia de Lugo, segundo os datos oficiais. 3 casos menos ca onte, dos que 4 están na UCI, 2 na Mariña e 2 no Hula; e 8 en hospitalización, 14 menos ca onte. Dos hospitalizados 5 están no hospital Virxen do Ollos Grandes e o resto no HULA. O Hospital Comarcal de Monforte sumaba onte unha semana sen hospitalizados por Covid19.

229 persoas están nos seus domicilios, 14 máis ca onte, teoricamente as 14 persoas que recibiron a alta nos hospitais. Desde o comezo da crise, na provincia lévanse producido 583 altas; 11 máis ca onte. Os datos correspondentes á zona sur da provincia nas residencias de maiores e centros de atención a persoas con discapacidade mantéñense estables.

Os datos de Galicia dannos 47 pacientes con COVID-19, permanecen na UCI este xoves. Unha cifra que supón un terzo menos que os que había o mércores, 73. Outro dato positivo tras un mércores no que non se rexistraba ningún morto desde o inicio da pandemia.

ÚLTIMAS

31 da Feira do Viño de Vilachá na primeira fin de semana de maio

Esta edición manterá tamén outro dos cambios dos últimos anos: a creación de dous...

60 equipos inauguran a tempada de montaña en Taboada esta fin de semana

A nova directiva da Escudaría Taboada mantén o trazado orixinal da proba, na que...

Traballos preventivos en pistas e cortalumes do Distrito Forestal VIII Terra de Lemos

A Consellería do Medio Rural, a través da Dirección Xeral de Defensa do Monte,...

29.469€ para a rehabilitación do lavadoiro de Hospital no Incio

Esta actuación busca a integración dos elementos que conforman o patrimonio etnográfico, neste caso...